Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Mércores, 28 de novembro de 2012 Páx. 44831

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (490/2012).

María Blanco Aquino, secretaria do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no proceso seguido por instancia de Lucía Paz López contra Mundo dos Fatos-Comercio de Vestuario, S.L., en reclamación por despedimento, rexistrado co número despedimentos/cesamentos en xeral 490/2012, se acordou citar a Mundo dos Fatos-Comercio de Vestuario, S.L., en ignorado paradoiro, para que compareza na sala de vistas deste Xulgado do Social número 2, situado na rúa Monforte, s/n, edificio Xulgados, o día 15 de xaneiro de 2013, ás 10.30 horas, para a celebración dos actos de conciliación e, de ser o caso, xuízo. Poderá comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada e deberá acudir con todos os medios de proba de que se intente valer, coa advertencia de que é única convocatoria e de que estes actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas ou cando se trate de emprazamento.

En caso de que pretenda comparecer no acto de xuízo asistido de avogado ou representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, porá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, co obxecto de que, unha vez trasladada esta intención ao demandante, este poida estar representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de se valer no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

E para que lle sirva de citación a Mundo dos Fatos-Comercio de Vestuario, S.L., expídese esta cédula para a súa publicación no Boletín Oficial da provincia.

A Coruña, 7 de novembro de 2012

A secretaria xudicial