Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Mércores, 28 de novembro de 2012 Páx. 44865

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

EDICTO do 14 de novembro de 2012, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, relativo á clasificación como veciñal en man común de varias parcelas do monte coa denominación de ampliación do MVMC Berlanga e Campanilla, a favor dos veciños da Comunidade de Xunqueira de Ambía, no concello de Xunqueira de Ambía.

O Xurado Provincial de Clasificación de Monte Veciñais en Man Común de Ourense acordou, en sesión que tivo lugar con data do 10 de outubro de 2012, iniciar o expediente de clasificación como veciñal en man común de varias parcelas do monte coas características que a seguir se relacionan:

Concello: Xunqueira de Ambía.

Denominación do monte: ampliación do MVMC Berlanga e Campanilla.

Comunidade veciñal solicitante: veciños da Comunidade de Xunqueira de Ambía.

Superficie total: 5,5 ha aproximadamente.

Parcelas catastrais das que se solicita a clasificación como monte veciñal en man común: Concello de Xunqueira, parcela norte: constituída polas parcelas catastrais 3, 5 e 6 do polígono 9; parcela suroeste: constituída polas parcelas catastrais 47, 78, 79, 80 e 5.047 m2 da parcela 9003 do polígono 9. Presenta un pequeno encravamento na zona norte correspondente a instalacións do campo de fútbol; parcela surleste: constituída pola parcela catastral 222 do polígono 9, á que detraemos 37 m2 que non ten carácter veciñal. Presenta un pequeno encravamento correspondente a instalacións de telefonía ou similares.

Lindeiros:

As tres parcelas que constitúen os terreos que se van clasificar son lindantes co monte veciñal en man común Berlanga e Campanilla, co que forman couto redondo.

A parcela surleste (polígono 9, parcela 222), inclúe unha pequena superficie (37 m2) de terreo cercado cun muro de pedra, na que atopamos unha pequena construción e horta, anexas a unha vivenda unifamiliar. Entendemos que este terreo non ten carácter veciñal en man común.

A parcela catastral 9003 do polígono 9 está formada por unha serie de camiños que nalgúns casos nada teñen que ver cos terreos do monte, noutros atópanse xa clasificados dentro do monte veciñal en man común Berlanga e Campanilla, e que nunha superfice de 5.047 m2 si forma parte da parcela suroeste.

O que se pon en coñecemento de todos os interesados indicándolles que se abre un período dun mes para que poidan examinar o expediente e efectuar as alegacións que estimen convenientes así como achegar os documentos ou informacións que xulguen oportunas, de conformidade co disposto no artigo 23 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Ourense, 14 de novembro de 2012

Ricardo Ignacio Vecillas Rojo
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais
en Man Común de Ourense