Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Mércores, 28 de novembro de 2012 Páx. 44863

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ACORDO do 1 de outubro de 2012 polo que se admite a concorrencia de causa de abstención no expediente sancionador 3/12AF tramitado ao almacén farmacéutico Celtifarma, S.L.

O Decreto 310/2009, do 28 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Sanidade, establece no seu artigo 4.2.d) a competencia da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade para a iniciación, de oficio ou por proposta do organismo autónomo Servizo Galego de Saúde, dos procedementos sancionadores a establecementos farmacéuticos, así como as funcións que lle atribúen as normas reguladoras das oficinas de farmacia; dos servizos de farmacia e depósitos de medicamentos nas estruturas de atención primaria; das boticas anexas e dos establecementos de fabricación, distribución e de venda de produtos sanitarios.

No exercicio da dita competencia, procedeuse a incoar o expediente sancionador 3/12 AF ao almacén farmacéutico Celtifarma, S.L., sito na r/ Abeledos, 148 (Monforte de Lemos).

Con data do 27 de setembro de 2012, o secretario xeral técnico desta consellería puxo no meu coñecemento a concorrencia de causa de abstención prevista no artigo 28.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, tal como prevé a norma indicada.

Tendo en conta o anterior,

ACORDO:

Admitir a concorrencia da causa de abstención comunicada polo secretario xeral técnico no expediente sancionador 3/12 AF tramitado ao almacén farmacéutico Celtifarma, S.L., sito na r/ Abeledos, 148 (Monforte de Lemos), e encomendarlle á persoa titular da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública a continuación e resolución do citado expediente, de conformidade co previsto no artigo 28.1 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Este acordo notificaráselles aos interesados no procedemento sancionador antes indicado.

Santiago de Compostela, 1 de outubro de 2012

Rocío Mosquera Álvarez
Conselleira de Sanidade