Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Martes, 27 de novembro de 2012 Páx. 44680

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 22 de outubro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se autoriza administrativamente e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica nos concellos de Coristanco, Zas e Vimianzo (expediente IN407A 341/2011).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e de aprobación do proxecto de execución da instalación que a continuación se cita:

Solicitante: Electra del Jallas, S.A.

Domicilio social: praza da Constitución, 17, 15270 Cee (A Coruña).

Denominación: recuamento en LMT A Revolta (autovía Carballo-Berdoias).

Situación: concellos de Coristanco, Zas e Vimianzo.

Características técnicas:

Recuamento das seguintes liñas de media tensión afectadas pola construción da autovía Carballo-Berdoias, nos concellos de Coristanco, Zas e Vimianzo, coas seguintes afeccións:

– Afección 1 a liña de MT aérea a 20 kV derivada ao CT Oca, entre os apoios nº 3 e 5 (expediente IN407A 1997/253) (p.q. 1+522 do tramo Carballo-Baio):

Liña de MT aérea a 20 kV derivada ao CT Oca entre os apoios nº 3 e 4, coa orixe en apoio nº 3 existente da LMTA derivada ao CT Oca, e final en apoio nº 4 en final de liña do tipo CH-11/2500, cunha lonxitude de 0,07 km, en condutor LA-56/54,6 mm² Al, (retensado van existente en obra).

Liña de MT, subterránea a 20 kV derivada ao CT Oca entre os apoios nº 4 e 4 Bis, coa orixe en paso aéreo-subterráneo en apoio nº 4 proxectado, e final en paso aéreo-subterráneo en apoio proxectado nº 4 Bis proxectado, cunha lonxitude de 0,190 km, en condutor RHZ1 2OL-12/20 kV-3(1×240) Al.

Liña de MT aérea a 20 kV derivada ao CT Oca entre os apoios nº 4 Bis e 5, coa orixe en apoio nº 4 Bis proxectado en final de liña do tipo CH-11/2500, e final en apoio nº 5 existente de LMTA derivada a CT Oca, cunha lonxitude de 0,069 km, en condutor LA-56/54,6 mm² Al (retensado van existente en obra).

– Afección 2 a liña de MT aérea CBL-809 a 20 kV, entre os apoios nº 35 e 37 (expediente IN407A 2004/347), antes do CT Picaraña (p.q. 2+137 do tramo Carballo-Baio):

Liña de MT aérea CBL-809 entre os apoios nº 35 e 37, coa orixe en apoio nº 35 existente, e final en apoio nº 37 existente, cunha lonxitude de 0,425 km, en condutor LA-100/116,2 mm² Al (145 m de novo condutor) e LA-145/147,1 mm² Al (280 m retensado existente en obra, coa instalación de novos apoios proxectados nº 36 e 36 Bis do tipo C-20/3000.

– Afección 3 a liña de MT aérea CBL-809 a 20kV, entre os apoios 57 e 54 (expediente IN407A 2004/347), entre o CT Chousas Grandes e CT Rececinde (p.q. 4+890 do tramo Carballo-Baio):

Liña de MT aérea CBL-809 entre os apoios nº 57 e 54, coa orixe en apoio nº 57 existente, e final en apoio nº 54 existente, cunha lonxitude de 0,383 km, en condutor LA-100/116,2 mm² Al (256 m de novo condutor) e LA-145/147,1 mm² Al (127 m de retensado existente en obra), coa instalación de novos apoios proxectados nº 56 e 55 do tipo C-18/3000 e C-16/2000, respectivamente.

– Afección 4 a liña de MT aérea VIM-803 Laxe-Neaño a 20 kV, entre apoios 76 e 79 (expediente 27.855), despois do CT Baio-3 (p.q. 25+150 do tramo Carballo-Baio):

Liña de M.T. aérea VIM-803 a 20 kV entre os apoios nº 76 e 78, coa orixe en apoio nº 76 existente, e final en apoio nº 78 existente proxectado en final de liña tipo C-16/7000, cunha lonxitude de 0,343 km, en condutor LA-100/116,2 mm² Al, coa instalación dun novo apoio nº 77 do tipo CH-13/2000.

Liña de MT subterránea VIM-803 a 20 kV entre apoios 78 e 78 Bis, coa orixe en paso aéreo-subterráneo en apoio nº 78 proxectado, e final en paso aéreo-subterráneo en apoio proxectado nº 78 Bis proxectado, cunha lonxitude de 0,106 km, en condutor RHZ1 2OL-12/20 kV-3(1×240) Al.

Liña de MT aérea VIM-803 a 20 kV entre apoios 78 Bis e 79, coa orixe en apoio nº 78 Bis proxectado en final de liña do tipo C-14/4500, e final en apoio nº 79 existente, cunha lonxitude de 0,081 km, en condutor LA-100/116,2 mm² Al (retensado van existente en obra).

– Afección 5 a liña de MT aérea VIM-803 Laxe-Neaño a 20 kV derivada a CT Mosquetín, entre os apoios nº 20 e 23 (expediente 50.608), situados antes do CT Mosquetín e despois da derivada a CT Fábrica de Pedra (p.q. 1+127 do tramo Carballo-Baio):

Liña de MT aérea a 20 kV derivada a CT Mosquetín, coa orixe en apoio nº 20 existente, e final en apoio nº 23 existente, cunha lonxitude de 0,317 km, en condutor LA-30 (223 m retensado existente en obra) e LA-56/54,6 mm² Al (94 m novo), coa instalación de novos apoios proxectados nº 21 e 22 do tipo CH-15/2500 e CH-20/2500, respectivamente.

– Afección 6 a liña de MT aérea VIM-804 P. Porto-Camariñas a 20 kV, entre apoios 1 e 4 (expediente 27.854), entre o CT Caracas Bloquera e o CT Pasarela I (p.q. 7+200 do tramo Carballo-Baio):

Liña de MT aérea VIM-804 a 20 kV entre os apoios nº 1 e 2, coa orixe en apoio nº 1 existente, e final en apoio nº 2 proxectado en final de liña do tipo C-16/4500, cunha lonxitude de 0,184 km, en condutor LA-100/116,2 mm² Al (retensado van existente en obra).

Liña de MT subterránea VIM-804 a 20 kV entre apoios 2 e 3, coa orixe en paso aéreo-subterráneo en apoio nº 2 proxectado, e final en paso aéreo-subterráneo en apoio proxectado nº 3 proxectado, cunha lonxitude de 0,199 km, en condutor RHZ1 2OL-12/20 kV-3(1×240) Al.

Liña de MT aérea VIM-804 a 20 kV entre os apoios nº 3 e 4, coa orixe en apoio nº 3 proxectado en final de liña do tipo C-14/4500, e final en apoio nº 4 existente, cunha lonxitude de 0,096 km, en condutor LA-100/116,2 mm² Al, (retensado van existente en obra).

– Afección 7 a liña de MT aérea VIM-802 Cog. Dermont-Olveira a 20 kV na derivada ao CT Boallo, entre apoios 1 e 5, entre o CT Berdoias e o CT Boallo (p.q. 16+630 do tramo Carballo-Baio):

Liña de MT aérea a 20 kV derivada ao CT Boallo entre os apoios nº 1 e 3, coa orixe en apoio nº 1 existente, e final en apoio nº 3 proxectado en final de liña do tipo HVH-13/3500, cunha lonxitude de 0,252 km, en condutor LA-56/54,6 mm² Al, coa instalación dun novo apoio proxectado nº 2 do tipo HV-15/1000.

Liña de MT subterránea a 20 kV derivada ao CT Boallo entre os apoios 3 e 4, coa orixe en paso aéreo-subterráneo en apoio nº 3 proxectado, e final en paso aéreo-subterráneo en apoio proxectado nº 4 proxectado, cunha lonxitude de 0,107 km, en condutor RHZ1 2OL-12/20 kV-3(1×150) Al.

Liña de MT aérea a 20 kV derivada ao CT Boallo entre os apoios nº 4 e 5, coa orixe en apoio nº 4 proxectado en final de liña do tipo CH-13/2500, e final en apoio nº 5 existente, cunha lonxitude de 0,041 km, en condutor LA-30 mm² Al (retensado van existente en obra).

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

A instalación executarase nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 22 de outubro de 2012

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña