Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Martes, 27 de novembro de 2012 Páx. 44684

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello de Laxe (expediente IN407A 46/2012).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Electra del Jallas, S.A.

Domicilio social: praza da Constitución, 17, 15270 Cee (A Coruña).

Denominación: LMTS, CTC rúa de Vila Amparo nº 65 e anexo I.

Situación: concello de Laxe.

Características técnicas:

Liña eléctrica de media tensión subterránea (LMTS) a 20 kV, cunha lonxitude de 0,43 km, con condutor tipo RHZ1-2OL-12/20 kV-3(1x240) Al, coa orixe en cela existente no CT Fenllido (expediente 50.042), e final en cela de liña proxectada no CT Laxe II (expediente 50.530), unha vez entre e saia do centro de transformación Vila Amparo, nº 65 proxectado.

Centro de transformación (CT) non prefabricado, cunha potencia de 400 kVA, e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir da última publicación.

A Coruña, 23 de outubro de 2012

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña