Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Martes, 27 de novembro de 2012 Páx. 44686

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 24 de outubro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se autoriza administrativamente e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Cabana de Bergantiños (expediente IN407A 308/2011).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e de aprobación do proxecto de execución da instalación que a continuación se cita:

Solicitante: Electra del Jallas, S.A.

Domicilio social: praza da Constitución, 17, 15270 Cee (A Coruña).

Denominación: recuamento LMT, CT lugar das Grelas.

Situación: concello de Cabana de Bergantiños.

Características técnicas:

Liña eléctrica de media tensión subterránea de 1.220 m, en condutor RHZ1-2 3(1x240  Al), coa orixe no paso aéreo-subterráneo que se realizará en novo apoio 58 proxectado de tipo HVH 15/4500, intercalado na LMT CBA-804 entre o tramo á derivada ao CT Taboido e a derivada ao CT Cubelo (expediente 50.599), que se retirará, e final en cela existente no CT A Telleira (expediente 2007/381).

Centro de transformación situado en caseta prefabricada, con transformador de 250 kVA, relación de transformación 20.000/400-230 V, no lugar de Canduas, con entrada e saída na LMTS proxectada, concello de Cabana de Bergantiños.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

A instalación executarase nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 24 de outubro de 2012

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña