Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Luns, 26 de novembro de 2012 Páx. 44456

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (232/2012).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 232/2012, por instancia de Luis Javier García Rodríguez contra Electrobes Coruña, S.L., administración concursal e o Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento, en que recaeu sentenza con data do 13.7.2012 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Decido.

Estímase a demanda interposta por Luis Javier García Rodríguez contra Electrobes Coruña, S.L. e a súa administradora concursal Monserrat Vale Santos, con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

– Declárase improcedente o despedimento efectuado pola empresa demandada Electrobes Coruña, S.L. ao demandante Luis Javier García Rodríguez.

– Declárase, ante a imposibilidade de readmisión, a extinción, con data desta resolución, da relación laboral que unía o demandante con Electrobes Coruña, S.L.

– Condénase a empresa Electrobes Coruña, S.L. e a Monserrat Vale Santos, na súa soa condición de administradora concursal, a que indemnicen o demandante coas seguintes cantidades: 21.739,89 euros en concepto de indemnización e 8.820,18 euros en concepto de salarios de tramitación.

Notifíqueselles esta resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante, dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros, na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Electrobes Coruña, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 5 de novembro de 2012

A secretaria xudicial
Rubricado