Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Luns, 26 de novembro de 2012 Páx. 44454

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (1064/2010).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 1064/10 por instancia de María Encarnación Fernández Pena, María Rocío Castrillón Sánchez, María Teresa Buyo Gabín, José Luis Fiaño Buyo e José Luis Fiaño Souto contra a empresa Complejo Parador Montesalgueiro, S.L., sobre cantidade, nos cales se ditou sentenza o 19.10.2012 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Resolución estímase a demanda interposta por María Encarnación Fernández Pena, María Rocío Castrillón Sánchez, María Teresa Buyo Gabín, José Luis Fiaño Buyo e José Luis Fiaño Souto fronte a Complejo Parador Montesalgueiro, S.L. con intervención do Fogasa e, en consecuencia, condénase a empresa Complejo Parador Montesalgueiro, S.L. a aboar aos demandantes as seguintes cantidades:

• A María Encarnación Fernández Pena, a cantidade de 3.098,21 euros.

• A María Rocío Castrillón Sánchez, a cantidade de 3.178,60 euros.

• A María Teresa Buyo Gabín, a cantidade de 3.103,38 euros.

• A José Luis Fiaño Buyo, a cantidade de 574,80 euros.

• A José Luis Fiaño Souto, a cantidade de 554,14 euros.

Notifíquese a resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Complejo Parador Montesalgueiro, S.L. expido e asino a presente.

A Coruña, 5 de novembro de 2012

O secretario xudicial