Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Luns, 26 de novembro de 2012 Páx. 44458

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (137/2012).

Número de autos: procedemento ordinario 137/2012.

Demandante: Fundación Laboral de la Construcción.

Avogado: Adrián Núñez Fernández.

Demandados: Contratas y Construcciones Regueira Lozano, S.L., Fondo de Garantía Salarial.

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 137/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia da Fundación Laboral de la Construcción contra a empresa Contratas y Construcciones Regueira Lozano, sobre reclamación de cantidade, se ditou a seguinte sentenza:

«Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta pola Fundación Laboral de la Construcción e, en consecuencia, debo condenar e condeno a entidade Construcciones Regueira Lozano, S.L. a que lle aboe á demandante a cantidade de 271,80 € pedida.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra esta non cabe interpor recurso.

Así, por esta a miña sentenza, o pronuncio, mando e asino».

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación á empresa Contratas y Construcciones Regueira Lozano, S.L., en ignorado paradoiro, expido e asino o presente.

A Coruña, 6 de novembro de 2012

A secretaria xudicial