Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Xoves, 22 de novembro de 2012 Páx. 44073

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (487/2012).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 487/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Rubén Alberto Álvarez Celedonia e Julio Miranda Vázquez contra a empresa Imprenta Argrove, S.L. sobre reclamación de cantidade, se ditou a seguinte sentenza:

«Que debo estimar e estimo integramente a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Julio Miranda Vázquez e Rubén Alberto Álvarez Celedonia contra a empresa Imprenta Argrove, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a Imprenta Argrove, S.L. a que lle aboe a cada un dos demandantes as seguintes cantidades:

A Julio Miranda Vázquez: 7.108,59 € que se incrementará co 10 % por xuros moratorios aplicables aos conceptos salariais.

A Rubén Alberto Álvarez Celedonia: 8.707,45 € que se incrementará co 10 % por xuros moratorios aplicables aos conceptos salariais.

Con intervención do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interpoñer contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación. Se o recurso é interposto pola parte demandada non se admitirá sen a previa consignación do importe da condena que deberá ingresar na conta do Xulgado do Social número 5 da Coruña, máis 300 € do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da LRXS. Ambos os ingresos deberán efectuarse por separado, e a empresa poderá substituír o importe da consignación pola constitución á disposición deste xulgado de aval bancario por tempo indefinido e con responsabilidade solidaria do avalista. Así por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación á empresa Imprenta Argrove, S.L., en ignorado paradoiro, expido e asino este edicto.

A Coruña, 8 de novembro de 2012

A secretaria xudicial