Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Xoves, 22 de novembro de 2012 Páx. 44075

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (963/2012).

Rafael González Alió, secretario do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que por resolución ditada no proceso seguido por instancia de José Antonio Graña Abelaira contra Galastur Lugo, S.L., en reclamación por despedimento, rexistrado co número de despedimento/cesamentos en xeral 963/2012, se acordou citar a Galastur Lugo, S.L., en paradoiro ignorado, co fin de que compareza na sala de vistas deste Xulgado do Social número 1, situado na rúa Armando Durán 1-4º, 27071 Lugo, o día 13.2.2013 ás 12.00 horas, para a celebración dos actos de conciliación e, de ser o caso, de xuízo, podendo comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada, e deberá acudir con todos os medios de proba de que intente valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e que os ditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Lugo, 2 de novembro de 2012

O secretario xudicial