Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Xoves, 22 de novembro de 2012 Páx. 44076

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (1359/2011).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 1359/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Jorge Alberto Hernández Giadans contra a empresa Estan Mobel, S.L.U., se ditou a seguinte resolución:

«Decido que debo aceptar e acepto a demanda formulada por Jorge A. Hernández Giadans contra Estan Mobel, S.L.U. e, en consecuencia, condeno a dita empresa a lle aboar ao demandante 2.143,73 euros, importe que se deberá incrementar cos xuros do artigo 29.3 do ET.

Non ten lugar realizar pronunciamento de condena do Fogasa nesta instancia, sen prexuízo da súa responsabilidade nos termos do artigo 33 do ET.

Notifíqueselles esta resolución ás partes facéndolles saber que contra ela non cabe recurso de suplicación.

Lévese o orixinal desta resolución ao libro de sentenzas e déixese testemuño nas actuacións.

Así o acordo, mando e asino. A maxistrada xuíza».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Estan Mobel, S.L.U., expido este edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 5 de novembro de 2012

A secretaria xudicial