Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Xoves, 22 de novembro de 2012 Páx. 44077

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 25 de outubro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador en materia de espectáculos públicos AC-EP 85/2012.

Unha vez intentada a notificación á titular do establecemento que se indica a seguir sen que se puidese efectuar, resolvo notificar por este medio, ao abeiro do artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, que se ditou resolución no expediente sancionador que se relaciona no anexo por infracción da Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridade cidadá.

Contra esta resolución que non esgota a vía administrativa cabe formular recurso de alzada perante o conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta notificación. Unha vez transcorrido o prazo de interposición do recurso, sen que este se presente, esta resolución será firme para todos os efectos regulamentarios.

Advírtase que, de non ser interposto este en tempo e forma, terá que aboar a multa imposta nos períodos de pagamento voluntario sinalados no boletín de multas e sancións que serán facilitados no Servizo de Administración Local e Interior desta xefatura territorial, sito no edificio administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer 2, A Coruña.

As débedas non satisfeitas nos períodos citados no punto anterior exixiranse en vía de constrinximento.

A Coruña, 25 de outubro de 2012

Ana Lado Eiriz
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Nº expediente

Denunciada

Enderezo

Establecemento

Precepto infrinxido

Precepto sancionador

Resolución

AC-EP 85/2012

María Luci Yegros Vera

Avda. Eusebio da Garda, nº 2-1º, A Coruña

Pub D´Rumba

26 e) da LO 1/1992

28 da LO 1/1992

180 €