Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Xoves, 22 de novembro de 2012 Páx. 44078

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 5 de novembro de 2012, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se resolve o recurso de alzada interposto por Recreativos Poli, S.L. contra a resolución da Xefatura Territorial de Pontevedra en materia de xogo.

Con data do 16 de outubro de 2012, o titular da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza ditou resolución co contido que sumariamente se recolle no anexo. Segundo consta no expediente, unha vez intentada a práctica da notificación, non foi posible por vir devolta polo servizo de Correos. Polo tanto, en aplicación do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, procede a súa notificación por medio de anuncio no taboleiro de edictos do concello do último domicilio coñecido e no Diario Oficial de Galicia.

Contra esta resolución que esgota a vía administrativa cabe formular recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo correspondente, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación.

Santiago de Compostela, 5 de novembro de 2012

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza

ANEXO

Expediente en materia de xogo: RA/XP/2012/00006.

Destinataria da notificación: Recreativos Poli, S.L.

CIF/NIF: B32023269.

Último enderezo coñecido: r/ Pena Trevinca 31-1º dereita, Ourense.

Data da resolución do recurso de alzada: 16 de outubro de 2012.

Sentido da resolución: denegada.