Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Luns, 19 de novembro de 2012 Páx. 43389

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (172/2012).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria do Social número 2 da Coruña, fago saber que por resolución ditada o día 24.10.2012 no proceso seguido por instancia de Francisco Gabriel García Fernández contra María Luisa García Crespo, S.L., en reclamación por despedimento, rexistrouse co número 172/2012 e acordouse notificar a María Luisa García Crespo, S.L. a decisión de sentenza seguinte:

«Decisión:

Que estimando a demanda interposta por Francisco Gabriel García Fernández contra a empresa María Luisa García Crespo, S.L., declaro improcedente o despedimento de que foi obxecto o 20.1.2012 e declaro extinguida a relación laboral con data desta sentenza, e condénoa a indemnizalo coa cantidade –salvo erro ou omisión– de corenta e sete mil novecentos setenta e nove euros e once céntimos (47.979,11 €); e con aboamento, en todo caso, dos salarios de tramitación deixados de percibir desde a data do despedimento ata a da presente resolución, tendo en conta que ascenden a doce mil cincocentos sesenta e oito euros e trinta e oito céntimos (12.568,38 €).

Así mesmo, absolvo o Fondo de Garantía Salarial, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíqueselles esta resolución ás partes facéndolles saber que esta non é firme e fronte a ela cabe formular recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución. De ser recorrente a empresa demandada deberá acreditar mediante a exhibición ante este xulgado o xustificante acreditativo de ter depositado a cantidade obxecto de condena na conta deste xulgado, aberta en Banesto; poderá substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, na cal se fará constar a responsabilidade solidaria do avalista, e deberase acreditar tamén na indicada conta a consignación da suma de trescentos euros preceptivos para recorrer, sen cuxo cumprimento non se terá por anunciado o recurso.

Así, por esta a miña sentenza, o pronuncio, mando e asino».

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán nos estrados deste xulgado, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación a María Luisa García Crespo, S.L., en ignorado paradoiro, expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 30 de outubro de 2012

A secretaria xudicial