Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Luns, 19 de novembro de 2012 Páx. 43388

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Ordes

EDICTO (460/2009).

No procedemento da referencia foi ditada sentenza do teor literal seguinte:

«Resolvo que, estimando integramente a demanda presentada polo procurador Sr. Núñez Blanco en nome e representación de María Campelo Gómez, debo declarar e declaro:

– A paternidade non matrimonial de Antonio Bouzas Pérez respecto de María Campelo Gómez ou, o que é o mesmo, que Antonio Bouzas Pérez é pai non matrimonial de María Campelo Gómez.

– Que María Campelo Gómez non é filla non matrimonial de Antonio Campelo Souto.

E acordo a oportuna rectificación no rexistro civil correspondente para adecuar o seu contido (Rexistro Civil de Ordes, folio 392, tomo 91-A) ao declarado na presente resolución, unha vez que esta adquira firmeza, inscribindo a María Campelo Gómez como María Bouzas Gómez.

Non se fai expresa imposición de custas procesuais.

Firme esta resolución, expídase testemuño desta ao rexistro civil correspondente para a súa anotación, inscrición da filiación paterna declarada nos termos indicados, e cancélese calquera mención que a contradixer.

A presente resolución non é firme, e contra ela poderá interporse, por escrito, ante este xulgado, dentro dos vinte días seguintes á súa notificación, recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial da Coruña.

Así o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza».

E como consecuencia do ignorado paradoiro dos herdeiros descoñecidos e incertos de Antonio Bouzas Pérez, expídese este edicto para que sirva de cédula de notificación.

Ordes, 26 de setembro de 2012

O/A secretario/a xudicial