Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Luns, 19 de novembro de 2012 Páx. 43386

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (XVB 233/2012).

María del Carmen Vázquez Rodríguez, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Santiago de Compostela, mediante este,

Anuncio:

Que no presente procedemento XVB 233/2012, seguido por instancia de Financiera El Corte Inglés fronte a Francisco Teles Delmondes, se ditou sentenza cuxo teor literal é o seguinte:

«Sentenza 72/2012.

Santiago de Compostela, 14 de xuño de 2012.

Vistos por Jesús Gómez Sánchez, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Santiago de Compostela, os presentes autos de xuízo verbal nº 233/2012, sobre reclamación de cantidade, seguido ante este xulgado por instancia de Financiera El Corte Inglés EFC, S.A., representada pola procuradora Soledad Sánchez Silva e baixo a dirección letrada de José Luis Martínez-Olivares Gómez, contra Francisco Teles Delmondes, en situación de rebeldía procesual, dítase esta sentenza en virtude da seguinte decisión:

Acéptase integramente a demanda interposta por Financiera El Corte Inglés EFC, S.A., representada pola procuradora Soledad Sánchez Silva, contra Francisco Teles Delmondes, en situación de rebeldía procesual, e condénase o demandado a que lle aboe á demandante a cantidade de dous mil seiscentos trinta e un euros con oitenta e seis céntimos (2.631,86 €). Condénase o demandado ás custas procesuais.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes, facéndolles saber que fronte a ela non cabe interpor recurso a teor do indicado no punto primeiro do artigo 455 da Lei de axuizamento civil, que establece que as sentenzas ditadas en toda clase de xuízo serán apelables, con excepción das sentenzas ditadas nos xuízos verbais por razón da contía cando esta non supere os tres mil euros.

Así, por esta sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

A anterior sentenza foi publicada polo maxistrado xuíz que a subscribe, estando a celebrar audiencia pública no día da data, ante min, a secretaria xudicial, do cal dou fe.

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Francisco Teles Delmondes, expídese este edicto para que sirva de cédula de notificación.

Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2012