Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Luns, 19 de novembro de 2012 Páx. 43345

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 25 de outubro de 2012 pola que se modifica a autorización do centro privado Centro de Estudios Marcote, do concello de Vigo (Pontevedra).

O representante da titularidade do centro privado (CPR) Centro de Estudios Marcote, do concello de Vigo, solicita a supresión do ciclo formativo de grao superior (CS) Administración e finanzas, do CS Administración de sistemas informáticos, do CS Dietética e do CS Realización de audiovisuais e espectáculos (autorizado en quenda de tarde-noite); e a autorización do CS Animacións 3D, xogos e contornos interactivos en quenda de tarde-noite.

Logo da tramitación do expediente de acordo co establecido no Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias e coa Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Primeiro.

1. Suprimir o CS Administración e finanzas, o CS Administración de sistemas informáticos, o CS Dietética e o CS Realización de audiovisuais e espectáculos (autorizado en quenda de tarde-noite) no CPR Centro de Estudios Marcote, de Vigo.

2. Autorizar o CS Animacións 3D, xogos e contornos interactivos, no centro privado que se detalla:

Denominación xenérica: centro privado.

Denominación específica: Centro de Estudios Marcote.

Código: 36019116.

Enderezo: avenida da Ponte, 82.

Localidade: Vigo.

Concello: Vigo.

Provincia: Pontevedra.

Titular: Centro de Estudios Marcote, S.L.

Composición resultante:

Bacharelato: 4 unidades. Modalidades: Ciencias e tecnoloxía e a de Artes.

Formación profesional:

1 CM (ciclo formativo de grao medio). Laboratorio de imaxe (1 unidade para 30 alumnos).

1 CM Caracterización (2 unidades, 20 alumnos/as cada unha).

1 CS (ciclo formativo de grao superior). Iluminación, captación e tratamento de imaxe (2 unidades, 30 alumnos/as cada unha).

1 CS Produción de audiovisuais e espectáculos (2 unidades, 30 alumnos/as cada unha).

1 CS Realización de proxectos audiovisuais e espectáculos (2 unidades, 30 alumnos/as cada unha).

1 CS Son para audiovisuais e espectáculos (2 unidades, 30 alumnos/as cada unha).

Quenda de tarde-noite:

1 CM Laboratorio de imaxe (1 unidade para 30 alumnos/as).

1 CS Animacións 3D, xogos e contornos interactivos (2 unidades, 30 alumnos/as unidade).

1 CS (ciclo formativo de grao superior). Iluminación, captación e tratamento de imaxe (2 unidades, 20 alumnos/as cada unha).

1 CS Son para audiovisuais e espectáculos (2 unidades, 30 alumnos/as cada unha).

Segundo.

Para a posta en funcionamento das ensinanzas que se autorizan, a Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia no devandito centro, así como o equipamento axeitado.

Terceiro.

Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Cuarto.

O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que sinala a presente orde.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben, directamente, recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 25 de outubro de 2012

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria