Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Luns, 19 de novembro de 2012 Páx. 43342

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 24 de outubro de 2012 pola que se modifica a autorización do centro privado Santa Apolonia, do concello de Santiago de Compostela (A Coruña).

A titular do centro privado (CPR) Santa Apolonia, do concello de Santiago de Compostela, solicita a supresión do ciclo formativo de grao medio (CM) Atención a persoas en situación de dependencia e do CM Sistemas microinformáticos e redes; e a autorización do ciclo formativo grao superior (CS) Desenvolvemento de aplicacións web e doutro CS Audioloxía protésica, en quenda de tarde-noite.

Logo da tramitación do expediente, de acordo co establecido no Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e coa Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Primeiro.

1. Suprimir o CM Atención a persoas en situación de dependencia e o CM Sistemas microinformáticos e redes no CPR Santa Apolonia.

2. Autorizar o CS Desenvolvemento de aplicacións web e outro CS Audioloxía protésica, no centro privado que se detalla:

Denominación: centro privado Santa Apolonia.

Código: 15025116.

Enderezo: A Poza Real, 5.

Localidade: Santiago de Compostela.

Concello: Santiago de Compostela.

Provincia: A Coruña.

Titular: María del Rosario Medina Gómez.

Composición resultante:

Educación infantil: 3 unidades.

Educación primaria: 6 unidades.

Educación secundaria obrigatoria: 4 unidades.

Bacharelato: 6 unidades. Modalidades: ciencias e tecnoloxía, humanidades e ciencias sociais.

Formación profesional:

• Quenda de mañá:

1 ciclo formativo de grao medio de Coidados auxiliares de enfermaría (1 unidade para 30 alumnos/as).

1 ciclo formativo de grao superior de Administración e finanzas (2 unidades, 30 alumnos/as cada unha).

1 ciclo formativo de grao superior de Educación infantil (2 unidades, 30 alumnos/as cada unha).

1 ciclo formativo de grao superior de Laboratorio de diagnóstico clínico (2 unidades, 30 alumnos/as cada unha).

1 ciclo formativo de grao superior de Próteses dentais (2 unidades, 30 alumnos/as cada unha).

• Quenda de tarde-noite:

3 ciclos formativos de grao superior de Audioloxía protésica (6 unidades, 30 alumnos/as cada unha).

1 ciclo formativo de grao superior de Desenvolvemento de aplicacións web (2 unidades, 30 alumnos/as cada unha).

1 ciclo formativo de grao superior de Dietética (2 unidades, 30 alumnos/as cada unha).

1 ciclo formativo de grao superior de Hixiene bucodental (1 unidade para 30 alumnos/as).

1 ciclo formativo de grao superior de Animación sociocultural (1 unidade para 30 alumnos/as).

1 ciclo formativo de grao superior de Ortoprotésica (2 unidades, 30 alumnos/as cada unha).

Educación para persoas adultas, modalidade presencial, en quenda de tarde-noite:

– Educación secundaria para persoas adultas: nivel I e II.

– Bacharelato: modalidades de ciencias e tecnoloxía, humanidades e ciencias sociais.

Segundo.

Para a posta en funcionamento das ensinanzas que se autorizan, a Xefatura Territorial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Coruña, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia no devandito centro, así como o equipamento axeitado.

Terceiro.

Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Cuarto.

O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que sinala a presente orde.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben, directamente, recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 24 de outubro de 2012

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria