Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Venres, 16 de novembro de 2012 Páx. 43317

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Maside

ANUNCIO de información pública sobre legalización dun café-bar na localidade de Dacón.

Celia Bardelas Mosquera solicitou desta alcaldía licenza municipal para a legalización dun café-bar sito no baixo do nº 39 da rúa Conde Vallellano da localidade de Dacón neste termo municipal. En cumprimento do disposto no artigo 8.1 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte (20) días hábiles, co fin de que durante o mesmo –que comezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción do presente edicto no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia– poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas polas actividades que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

Maside, 24 de outubro de 2012

Celso Fernández López
Alcalde