Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Venres, 16 de novembro de 2012 Páx. 43316

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Dumbría

ANUNCIO de información pública sobre a ampliación de granxa de porcino no lugar da Boudañeira (Olveira).

Raposo, S.C., solicita deste concello licenza para a ampliación de granxa de porcino que se instalará no lugar da Boudañeira, parroquia de Olveira. En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, o expediente sométese a información pública por un prazo de vinte días hábiles, que comezará a contar desde a última inserción deste anuncio no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia, para que quen se vexa afectado dalgún modo pola actividade presente as alegacións ou reclamacións que considere pertinentes.

Dumbría, 13 de novembro de 2012

José Manuel Pequeño Castro
Alcalde