Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Xoves, 15 de novembro de 2012 Páx. 42927

III. Outras disposicións

Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia

RESOLUCIÓN do 1 de outubro de 2012 pola que se aproba a convocatoria ordinaria para solicitar a avaliación previa á asignación das retribucións adicionais relativas ao complemento de recoñecemento á excelencia curricular e se abre o prazo para a presentación de solicitudes.

O Decreto 55/2004, do 4 de marzo, polo que se establecen as retribucións adicionais vinculadas a méritos individuais docentes, investigadores e de xestión do profesorado universitario, establece no seu articulado a necesidade da aprobación dun protocolo de avaliación por parte da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG), como órgano encargado de realizar a valoración previa da actividade docente, investigadora e de xestión, necesaria para a asignación das retribucións adicionais reguladas polo mencionado decreto.

Mediante a Resolución do 10 de decembro de 2008, da Dirección Xeral de Ordenación e Calidade do Sistema Universitario de Galicia, publícase o convenio de colaboración entre a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, a Consellería de Innovación e Industria, a Universidade de Santiago de Compostela, a Universidade da Coruña e a Universidade de Vigo, polo que se modifica o Convenio do 30 de xaneiro de 2001 para a creación do consorcio Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (DOG do 20 de xaneiro de 2009). A disposición transitoria terceira do citado convenio establece que mentres a Comisión Galega de Informes, Avaliación, Certificación e Acreditación (CGIACA) non adopte os procedementos e protocolos de avaliación, informe, certificación, acreditación e verificación a que fai referencia o artigo 23 dos estatutos, seguiranse aplicando os establecidos polas normas en vigor, en canto non contradigan o establecido pola Lei orgánica 6/2001, de universidades, na súa redacción dada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril, pola que se modifica a anterior.

De acordo co anterior, a avaliación das actividades docentes e investigadoras, logo da asignación das retribucións adicionais vinculadas ao recoñecemento da excelencia curricular docente e investigadora dos profesores pertencentes ao Sistema universitario de Galicia, levarase a cabo de acordo co disposto na Orde do 16 de outubro de 2006, pola que se publica o protocolo de avaliación elaborado pola CGIACA, relativo aos criterios e méritos de valoración e aos procedementos para solicitar a valoración previa e a asignación dos complementos de recoñecemento á excelencia curricular docente e investigadora e de recoñecemento polos cargos de xestión (DOG do 26 de outubro).

De acordo co establecido no artigo 5.2 da dita orde, por Acordo da CGIACA do 25 de setembro de 2012 establecéronse os méritos que poderán ser obxecto de valoración adicional, e que se incorporan a esta resolución como anexos I e II.

De conformidade co establecido na citada Orde do 16 de outubro de 2006, o Consello de Dirección da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia convocará, mediante resolución, a apertura do prazo para a presentación de solicitudes para a asignación dos complementos retributivos.

Por Resolución do 21 de setembro de 2006 (DOG do 3 de outubro) publícanse os acordos do Consello de Dirección da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, polos que se delega na súa Presidencia a realización das convocatorias anuais de valoración previa á asignación de complementos retributivos, polo que, en virtude das citadas competencias delegadas

RESOLVO:

Primeira. Obxecto

Aprobar a convocatoria ordinaria e abrir o prazo de presentación de instancias, para solicitar a valoración previa á asignación das retribucións adicionais relativas ao complemento de recoñecemento á excelencia curricular docente e investigadora establecido no artigo 2.3 do Decreto 55/2004, do 4 de marzo, polo que se establecen as retribucións adicionais vinculadas a méritos adicionais docentes, investigadores e de xestión do profesorado universitario.

Segunda. Destinatarios

De conformidade co disposto no artigo 1 do Decreto 55/2004, do 4 de marzo, polo que se establecen as retribucións adicionais vinculadas a méritos adicionais docentes, investigadores e de xestión do profesorado universitario, poderá solicitar a valoración previa á asignación das retribucións adicionais sinaladas na base anterior o persoal docente e investigador das universidades públicas que compoñen o Sistema Universitario de Galicia (SUG).

Terceira. Requisitos

De conformidade co citado artigo 1 do Decreto 55/2004, do 4 de marzo, co artigo 6.3 da mesma disposición, así como co disposto polo artigo 2.1º da Orde do 16 de outubro de 2006, pola que se publica o protocolo de avaliación elaborado pola Comisión Galega de Informes, Avaliación, Certificación e Acreditación (CGIACA), relativo aos criterios e méritos de valoración previa e asignación dos complementos de recoñecemento á excelencia curricular docente e investigadora e de recoñecemento polos cargos de xestión, para obter a valoración será necesario:

1. Estar integrado no cadro do persoal docente e investigador como funcionario ou como contratado doutor, de calquera das universidades públicas de Galicia.

Cando o persoal docente e investigador, cumprindo todos os requisitos para a solicitude do complemento, se atopase en situación de servizos especiais ou comisión de servizos, poderá presentar igualmente solicitude para a avaliación do período convocado. Non obstante, os efectos económicos resultantes da dita avaliación iniciaranse no momento da reincorporación ao seu posto na correspondente institución universitaria.

2. Que a praza do solicitante sexa fixa e estable, tendo superado o correspondente proceso de concurso-oposición establecido na lei.

3. Acreditar polo menos un ano de servizo na súa praza, cumprido no 31 de decembro de 2011.

4. Ter recoñecidos, con efectos do 31 de decembro de 2011, dous quinquenios de docencia pola universidade.

5. Ter recoñecido, con efectos do 31 de decembro de 2011, un sexenio de investigación pola Comisión Nacional Avaliadora da Actividade Investigadora (CNEAI).

6. Valoración positiva dos méritos nos cales se sustente a solicitude pola Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, de acordo co protocolo de avaliación aprobado para o efecto pola Comisión Galega de Informes, Avaliación, Certificación e Acreditación na Orde do 16 de outubro de 2006.

Cuarta. Período de avaliación

1. Os méritos que se valoran, de entre os aprobados pola CGIACA e recollidos nos anexos I e II da presente resolución, estarán comprendidos no período 2007-2011.

Con carácter excepcional, os solicitantes que durante o dito período desfrutasen de permisos de baixa maternal ou paternal poderán incorporar méritos realizados ao longo dun intervalo temporal idéntico ao de duración da baixa e inmediatamente anterior ao inicio do período de avaliación da presente convocatoria. Neste caso, será necesario incorporar xustificación do gozo do referido permiso.

2. De acordo co establecido no artigo 4.3 da Orde do 16 de outubro de 2006, transcorridos un mínimo de tres anos desde a obtención da avaliación e sempre e cando nese período obtivesen un novo tramo docente ou de investigación, as persoas interesadas poderán solicitar unha reavaliación. Para estes efectos, os méritos que se van valorar estarán comprendidos igualmente no período 2007-2011. Esta nova avaliación substituirá, para todos os efectos, a anteriormente acadada.

Quinta. Formalización das solicitudes

1. Os solicitantes deberán cubrir telematicamente a instancia e a relación de méritos, nos modelos dispoñibles na aplicación informática (anexos III e IV), á cal se poderá acceder a través da páxina web www.acsug.es

2. Non se valorarán os méritos que non fosen incorporados telematicamente.

Sexta. Presentación das solicitudes

1. Unha vez cubertos os impresos (anexos III e IV) telematicamente, deberán imprimirse e presentarse nos lugares sinalados no número 6.3, debidamente asinados.

2. Xunto cos impresos sinalados no número anterior (anexos III e IV) e sempre que estes non fosen remitidos telematicamente a través da plataforma informática, deberá presentarse en soporte dixital (DVD, CD-ROM, lapis de memoria) a documentación que se relaciona a seguir:

– DNI ou documento equivalente, no caso de non prestar autorización á ACSUG para consulta dos seus datos no sistema de verificación de datos de identidade de conformidade co disposto no Decreto 255/2008, do 23 de outubro (DOG do 13 de novembro).

– Documentación acreditativa dos citados méritos curriculares presentados.

– Documentación acreditativa, de ser o caso, do desfrute de permiso por baixa maternal no período 2007-2011.

– Currículum vitae completo en calquera dos formatos existentes (ANEP, Dirección Xeral I+ D etc.).

3. As solicitudes dirixiranse á presidenta do Consello de Dirección da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG) e poderán presentarse en calquera dos rexistros relacionados no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administro común, nos rexistros de calquera das universidades integrantes do Sistema Universitario de Galicia, así como na sede electrónica da Xunta de Galicia con enderezo https://sede.xunta.es

Sétima. Prazo

O prazo para presentar as instancias en que soliciten a asignación das retribucións adicionais relativas ao complemento de recoñecemento á excelencia curricular docente e investigadora será do 30 días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Oitava. Admisión a trámite e emenda das solicitudes

1. A ACSUG comprobará que as solicitudes presentadas en prazo cumpran cos requisitos establecidos pola Orde do 16 de outubro de 2006 e demais normativa de aplicación necesaria para admitilas a trámite.

2. As persoas interesadas deberán realizar a emenda dos defectos apreciados na documentación entregada no prazo de 10 días hábiles a partir do día seguinte ao da notificación do requirimento de emenda, consonte o disposto no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. No caso de non atender o dito requirimento, entenderase que desisten da súa petición.

3. Unha vez rematado o prazo para a presentación de solicitudes, non se admitirá ningunha documentación xustificativa dos méritos curriculares alegados. As correspondentes avaliacións faranse con base nos xustificantes dos méritos que achegasen as persoas interesadas ata ese momento.

4. Sen prexuízo do disposto no parágrafos anteriores, a ACSUG poderá comprobar os datos alegados, así como aqueles datos académicos e de investigación relevantes para a avaliación, solicitándolles información para tal efecto ás distintas institucións implicadas. Do mesmo xeito, a ACSUG poderá requirir dos solicitantes as aclaracións e concrecións que considere oportunas en relación aos méritos alegados.

Novena. Procedemento

1. O procedemento para a tramitación das solicitudes farase de conformidade co regulado na Orde do 16 de outubro de 2006, pola que se publica o protocolo de avaliación elaborado pola Comisión Galega de Informes, Avaliación, Certificación e Acreditación (CGIACA), relativo aos criterios e méritos de valoración e aos procedementos para solicitar a valoración previa e a asignación dos complementos de recoñecemento á excelencia curricular docente e investigadora e de recoñecemento polos cargos de xestión.

2. Os acordos de valoración adoptados, previos á asignación singular e individual dos referidos complementos polos consellos sociais das universidades, seranlle notificados a cada solicitante persoal e directamente, sen prexuízo do disposto na disposición adicional vixésimo primeira da Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril, pola que se modifica a Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades (BOE do 13 de abril). Estes acordos esgotan a vía administrativa e poderán ser obxecto de recurso de reposición ante o mesmo órgano que os dictou ou ser impugnados directamente ante a xurisdición contencioso-administrativa.

3. Sen prexuízo do establecido no parágrafo anterior, os acordos de valoración adoptados, cando resulten positivos, seranlles notificados directamente pola ACSUG ás correspondentes universidades, para que procedan, se é o caso, os seus consellos sociais á asignación singular e individual dos referidos complementos.

Décima. Efectos económicos

1. Os membros dos órganos da ACSUG non poderán solicitar a renovación do complemento mentres se manteñan no desempeño dos seus cargos, polo que se prorrogarán os efectos económicos íntegros do complemento que tivesen recoñecido ata que se produza o seu cesamento. Unha vez producido este, deberán presentarse á reavaliación na primeira convocatoria publicada.

Décimo primeira. Protección de datos de carácter persoal

Nesta convocatoria cúmprese co indicado na Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal (BOE nº 298, do 14 de decembro), poñendo en coñecemento das persoas interesadas o dereito de acceso, rectificación, cancelación e oposición ao tratamento dos seus datos persoais, que poderán exercer mediante escrito dirixido á Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, Lamas de Abade s/n, CIFP Compostela, 5º andar, 15702 Santiago de Compostela (A Coruña).

Décimo segunda. Entrada en vigor

Esta resolución producirá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 1 de outubro de 2012

María Patrocinio Morrondo Pelayo
Presidenta do Consello de Dirección da Axencia para a Calidade do Sistema
Universitario de Galicia

ANEXO I
Méritos da actividade docente
Período 2007-2011

Puntuación máxima:

por ítem

Puntuación máxima:

por tipo

1. Amplitude, intensidade e tipo de docencia no período de cinco anos avaliado (docencia en diplomatura, licenciatura, grao, posgrao, doutoramento ou equivalentes: máx. 10; tipo de docencia: teórica, práctica e outras actividades docentes EEES recollidas en POD: máx. 10; diversidade de materias e outras actividades docentes: máx. 15)

35

35

2. Creación de materiais docentes para a docencia universitaria: manuais, unidades didácticas, libros, capítulos de libros, artigos relacionados directamente coa docencia, traducións, software e outro material para a docencia

20

30

3. Implicación na mellora da actividade docente universitaria*:

30

a) Coordinación de curso

10

b) Coordinación de grao ou equivalente

15

c) Coordinación de máster ou equivalente

20

d) Coordinación de programas de doutoramento

15

e) Plan de acción titorial

10

f) Responsable de calidade de centro (PRCC)

10

4. Participación en actividades de formación:

4.1) Actividades de formación docente:

30

a) Dirección de cursos de formación docente de, cando menos, 20 horas

5

b) Impartición de cursos de formación docente de, cando menos, 4 horas

10

c) Asistencia a cursos de formación docente de, cando menos, 8 horas

5

15

4.2) Actividades de formación investigadora:

a) Teses de doutoramento dirixidas e defendidas**

20

40

b) Impartición de cursos de formación de investigadores

15

15

5. Actividades de prácticas externas e mobilidade:

30

5.1) Coordinación e titoraxe de programas de prácticas en empresas e institucións (regulados mediante convenios ou certificación de órgano colexiado académico)*

15

15

5.2. Coordinación e titoraxe de proxectos de intercambio de estudantes: Erasmus, Erasmus Mundus etc.*

15

15

5.3. Participación dos docentes en programas de intercambio internacionais e/ou interuniversitarios*

10

20

6. Participación en actividades de innovación docente:

30

6.1) Proxectos competitivos de innovación docente

15

6.2) Participación en proxectos docentes de implantación de ECTS

10

6.3) Participación en programas piloto de implantación de EEES

10

6.4) Participación en comités de autoavaliación, comités externos de avaliación, comisións de normalización lingüística, comisións de avaliación do profesorado etc., de relevancia docente*

10

7. Outras actividades relacionadas coa docencia:*

20

7.1) Premios e distincións relacionados coa actividade docente

10

7.2) Invitacións a participar en actividades docentes

5

7.3) Redes docentes

10

7.4) Actividades de divulgación docente

5

7.5) Outras actividades

5

8. Actividades que fomenten o uso do galego na docencia universitaria

***

***

9. Valoración da actividade docente universitaria: opinión dos estudantes respecto á docencia impartida polo profesorado

15

Media superior á titulación e universidade

15

Media superior universidade

10

* Sempre e cando o seu desempeño non sexa consecuencia da ocupación dun determinado cargo académico.

** As teses de doutoramento poden ser incluídas tamén como méritos investigadores. O solicitante poderá decidir incluílas na epígrafe de docencia ou na de investigación, pero en ningún caso poderán ser alegadas en ambas as epígrafes polo mesmo solicitante.

*** Tendo en conta que neste punto se poderán presentar méritos de diferentes tipos (correspondentes a calquera dos puntos anteriores), o valor máximo será o que corresponda ao tipo de mérito alegado.

ANEXO II
Méritos da actividade investigadora e de transferencia do coñecemento
Período 2007-2011

Puntuación máxima:

por ítem

Puntuación máxima:

por tipo

1. Actividade investigadora

1.1) Teses de doutoramento dirixidas e defendidas**

20

40

1.2) Proxectos/convenios-contratos con empresas-institucións

60

a) Proxectos competitivos de ámbito internacional

Dirección

30

Participación

15

b) Proxectos competitivos do plan nacional

Dirección

20

Participación

10

c) Proxectos competitivos autonómicos

Dirección

15

Participación

10

d) Coordinador partner internacional

20

e) Convenios ou contratos con empresas ou institucións

Dirección

10

Participación

5

1.3) Impartición de conferencias plenarias por invitación

20

a) Congresos

15

b) Simposios ou equivalentes

10

1.4) Organización da investigación:

40

a) Responsable de organización de eventos científicos e culturais de relevancia internacional (o comité organizador será unha institución internacional ou de composición internacional)

15

b) Editor ou membro de comités de redacción, editorial ou equivalente de revistas de ámbito internacional

15

c) Organización/dirección de expedicións científicas, escavacións arqueolóxicas relevantes etc.

15

d) Redes temáticas financiadas

Dirección

15

Participación

10

e) Premios e distincións relevantes relacionados coa actividade investigadora

15

f) Outros méritos de investigación

15

1.5) Mobilidade

Estancias de investigación en centros estranxeiros de prestixio (mínimo 1 mes) (1)

4 puntos por mes

20

1.6) Actividades que fomenten o uso do galego na investigación

***

***

2. Transferencia e divulgación do coñecemento

2.1) Transferencias tecnolóxicas

15

2.2) Patentes recoñecidas

15

2.3) Comisario ou organizador de exposicións de relevancia estatal ou internacional

15

2.4) Informes relevantes

10

2.5) Estudos relevantes para o desenvolvemento social, económico, científico e cultural de Galicia

15

2.6) Creación de empresas de base tecnolóxica que supoñan transferencia de tecnoloxía

20

2.7) Divulgación do coñecemento

15

2.8) Conferencias e cursos de divulgación científica

5

10

2.9) Outros méritos de transferencia e divulgación do coñecemento

15

2.10) Actividades que fomentan o uso do galego na transferencia e divulgación do coñecemento

***

***

(1) Pode presentarse a suma da totalidade das estancias do período que se vai avaliar, sempre que a duración de cada unha delas sexa mínimo dun mes, suma que se computará como un só mérito.

** As teses de doutoramento poden ser incluídas tamén como méritos docentes. O solicitante poderá decidir incluílas na epígrafe de docencia ou na de investigación, pero en ningún caso poderán ser alegadas en ambas as epígrafes polo mesmo solicitante.

*** Tendo en conta que neste punto se poderán presentar méritos de diferentes tipos (correspondentes a calquera dos puntos anteriores), o valor máximo será o que corresponda ao tipo de mérito alegado.

missing image file
missing image file
missing image file