Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Xoves, 15 de novembro de 2012 Páx. 42939

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 7 de novembro de 2012, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, escala superior de finanzas, convocado pola Orde do 27 de decembro de 2010.

Unha vez recibida a proposta motivada da Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Facenda, formulada mediante escrito do 5 de novembro de 2012 e os certificados acreditativos das cualificacións acadadas polos funcionarios nomeados en prácticas, e de conformidade co establecido nas bases da convocatoria, o tribunal nomeado pola Orde do 16 de maio de 2011 (DOG número 96, do 19 de maio) en sesión que tivo lugar o día 7 de novembro do 2012

ACORDOU:

Primeiro. Declarar aptos todos os participantes nomeados funcionarios en prácticas en virtude da Orde do 29 de xuño de 2012 (DOG número 130, do 2 de xullo), que participaron no dito curso selectivo. A orde de prelación, que se recolle no anexo, establécese de acordo coa puntuación obtida no proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de Administración da Xunta de Galicia, escala superior de finanzas, convocado pola Orde do 27 de decembro de 2010 (DOG número 1, do 3 de xaneiro de 2011).

Segundo. Propor os participantes relacionados no anexo a que se refire o punto primeiro desta resolución, para o seu nomeamento como funcionarios de carreira, de conformidade co disposto na normativa vixente.

Santiago de Compostela, 7 de novembro de 2012

Ana Morato Miguel
Presidenta do tribunal

ANEXO

NIF

Apelidos e nome

Total oposición

Total concurso

Curso selectivo

Total

45846554X

Zapata Quintela, Beatriz

82,73

0,00

Apta

82,73

33316318J

Teijeiro Pena, Susana

74,19

0,00

Apta

74,19

32675026F

Rodríguez Fernández, María Patricia

62,60

2,43

Apta

65,03