Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Xoves, 15 de novembro de 2012 Páx. 43059

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Santa Comba

EDICTO de información pública sobre recoñecemento definitivo de construción.

Ao abeiro da Instrución 2/2011, do 12 de abril, para a aplicación da disposición transitoria terceira da Lei 2/2010, do 25 de marzo, de medidas urxentes de modificación da Lei 9/2001, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, tramítase por instancia de Forjados Santa Comba, S.L. o recoñecemento definitivo da edificación (complexo industrial) coa actividade correspondente de elaboración de artigos derivados do cemento e preparación de estruturas para cubertas en obras civís no lugar de Braña Rica, Santa Comba, de acordo coa documentación técnica presentada, e cumprindo o disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, no que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por período de vinte días hábiles, co fin de que durante ese prazo (que comezará a contar desde o día seguinte ao da derradeira inserción do presente edicto no Boletín Oficial da provincia ou no DOG) as persoas que se consideren afectadas dalgún xeito pola actividade que se pretende instalar, poidan examinar o expediente na Secretaría deste concello e formular as reclamacións ou observacións que se consideren oportunas.

Santa Comba, 19 de outubro de 2012

Antonio M. Landeira Gallardo
Alcalde