Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Xoves, 15 de novembro de 2012 Páx. 43058

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Santa Comba

EDICTO de información pública sobre taller de ferralla.

Ao amparo da Instrución 2/2011, do 12 de abril, para a aplicación da disposición transitoria terceira da Lei 2/2010, do 25 de marzo, de medidas urxentes de modificación da Lei 9/2001, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, tramítase por instancia de Forjados Santa Comba, S.L. o recoñecemento definitivo da edificación (nave industrial) coa actividade correspondente de taller de ferralla no lugar de Braña Rica, Sta. Comba, de acordo coa documentación técnica presentada, e cumprindo o disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, no que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por período de vinte días hábiles, co fin de que durante ese prazo (que comezará a contar desde o día seguinte ao da derradeira inserción do presente edicto no Boletín Oficial da provincia ou no Diario Oficial de Galicia) as persoas que se consideren afectadas dalgún xeito pola actividade que se pretende instalar, poidan examinar o expediente na Secretaría deste concello e formular as reclamacións ou observacións que se consideren oportunas.

Santa Comba, 19 de outubro de 2012

Antonio M. Landeira Gallardo
Alcalde