Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Xoves, 15 de novembro de 2012 Páx. 43057

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Santa Comba

ANUNCIO de información pública dun edificio para aluguer de maquinaria de construción.

Ao amparo da Instrución 2/2011, do 12 de abril, para a aplicación da disposición transitoria terceira da Lei 2/2010, do 25 de marzo, de medidas urxentes de modificación da Lei 9/2001, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, tramítase por instancia de Alquileres Santa Comba, S.L. o recoñecemento definitivo da edificación coa actividade correspondente de aluguer de maquinaria de construción que se situará na avda. de Mourelle, s/n, desta localidade, de acordo coa documentación técnica presentada, e cumprindo o disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, no cal se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública polo período de vinte días hábiles, co fin de que durante este tempo (que comezará a contar desde o día seguinte ao da derradeira inserción do presente edicto no Boletín Oficial da provincia ou no DOG) as persoas que se consideren afectadas dalgún xeito pola actividade que se pretende instalar poidan examinar o expediente na Secretaría deste Concello e formular as reclamacións ou observacións que se consideren oportunas.

Santa Comba, 19 de outubro de 2012

Antonio M. Landeira Gallardo
Alcalde