Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Xoves, 15 de novembro de 2012 Páx. 43056

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Santa Comba

ANUNCIO de información pública dun taller de mantemento e reparación, lavado e engraxamento, e compravenda de vehículos.

Javier Fidalgo Berdullas solicitou desta Alcaldía licenza municipal para a apertura dun taller de mantemento e reparación, servizo de lavado e engraxamento e compravenda de vehículos de motor, que se situará na Pereira, de acordo co proxecto de execución presentado; en cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, no cal se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública polo período de vinte días hábiles, co fin de que durante el (que comezará a contar desde o día seguinte ao da derradeira inserción do presente edicto no Boletín Oficial da provincia ou no DOG) as persoas que se consideren afectadas dalgún xeito pola actividade que se pretende instalar poidan examinar o expediente na Secretaría deste Concello e formular as reclamacións ou observacións que consideren oportunas.

Santa Comba, 11 de outubro de 2012

Antonio M. Landeira Gallardo
Alcalde