Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Xoves, 15 de novembro de 2012 Páx. 43060

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Ourense

ANUNCIO de asunción de competencias delegadas polo Concello de Xinzo de Limia (xestión tributaria e recadación do imposto sobre incremento de valor de terreos de natureza urbana).

De conformidade co disposto no artigo 7 do Real decreto lexislativo 2/2004 e 106.3º da Lei 7/1985, e cumprindo o que acordou a Corporación Provincial, na sesión do día 27 de xullo de 2012, faise público que a Deputación Provincial de Ourense asume a competencia delegada nela polo concello de Xinzo de Limia (xestión tributaria e recadación do imposto sobre incremento de valor de terreos de natureza urbana), nas condicións xerais establecidas e que se detallan no anuncio publicado por esta corporación no Diario Oficial de Galicia do día 19 de setembro de 1994.

A data de inicio de efectos desta delegación e o prazo da súa vixencia axustaranse ás normas que ten establecidas esta deputación.

Ourense, 19 de outubro de 2012

José Manuel Baltar Blanco
Presidente da Deputación Provincial de Ourense