Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Xoves, 15 de novembro de 2012 Páx. 42945

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Primeira)

EDICTO (AP 430/2012).

José Andrés Salgado Fernández, secretario xudicial da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, por este edicto, anuncio que no recurso de apelación interposto por Margarita Lorenzo González, contra o Auto do 17 de xaneiro de 2012 ditado no procedemento de dereitos fundamentais 430/2011, polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 dos de Ourense, no cal é parte apelada a Consellería de Presidencia, Administracións Publicas e Xustiza, representada e dirixida por letrado da Xunta de Galicia, ditouse a Sentenza o 14 de marzo de 2012, e auto de aclaración do 3 de setembro de 2012. A decisión da sentenza e a parte dispositiva do auto de aclaración son do seguinte teor literal:

«Decidimos que debemos desestimar e desestimamos o recurso de apelación interposto por Margarita Lorenzo González, actuando na súa condición de funcionaria pública no seu propio nome e representación, contra o Auto do 17 de xaneiro de 2012, ditado polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Ourense, no procedemento de protección de dereitos fundamentais da persoa número 430/2011, con expresa imposición de custas á parte recorrente limitadas ata a cantidade máxima de 800 polo que se refire aos honorarios de letrado. Notifíqueselles ás partes e entréguese copia ao Ministerio Fiscal, e fágaselles saber que é firme, e que contra ela as persoas e entidades a que se refire o artigo 100 da Lei 29/1998, do 13 xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, poderán interpoñer o recurso de casación en interese de lei do artigo citado, dentro do prazo dos tres meses seguintes ao da súa notificación. Así mesmo, poderán interpoñer contra ela calquera outro recurso que xulguen adecuado á defensa dos seus intereses. Para admitir a trámite o recurso, ao interpoñerse deberá constituírse na conta de depósitos e consignacións deste tribunal (1570 0000 85 0234 12 24) o depósito a que se refire a disposición adicional décimo quinta da Lei orgánica 1/2009, do 3 de novembro (BOE nº 266, do 4 de novembro); e, no seu momento, devólvase o expediente administrativo á súa procedencia, con certificación desta resolución. Así o pronunciamos, mandamos e asinamos».

«A sala acorda aclarar de oficio a sentenza do catro de xullo no sentido de que o Auto do 17 xaneiro de 2012 foi ditado polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 dos de Ourense».

E, como consecuencia do ignorado paradoiro de Margarita Lorenzo González, expídese este edicto para que sirva de cédula de notificación.

A Coruña, 26 de setembro de 2012

José Andrés Salgado Fernández
Secretario xudicial