Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Xoves, 15 de novembro de 2012 Páx. 42947

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (3652/2009).

Nas actuacións de recurso de suplicación número 3652/2009-IP a que se refire o encabezamento, seguidas ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, dimanantes dos autos número 91/2009 do Xulgado do Social número 2 de Vigo, promovidos por Pedro Manuel Martins Baltar, Mario Ribeiro de Araujo, Rogerio Alfredo Machado Veiga e José María da Costa Machado Alves contra Edificaciones Todoplano, S.L., Edificaciones Freixeso, S.L., Construcciones y Aplicaciones Eje Atlántico, sobre reclamación de cantidade, con data do 5 de outubro de 2012 se ditou a resolución, cuxa parte dispositiva é como segue:

«Decidimos que, desestimando o recurso de suplicación formulado por Rogelio Alfredo Machado Veiga, Mario Ribeiro de Araujo, José María da Costa Machado Alves e Pedro Manuel Martins Baltar contra a sentenza do 30 de abril de 2009, ditada polo Xulgado do Social número 2 de Vigo, en autos seguidos por instancia dos recorrentes contra as empresas Edificaciones Freixeso, S.L.U., Edificaciones Todoplano, S.L. e Construcciones y Proyectos Eje Atlántico, S.L., sobre cantidade, debemos confirmar e confirmamos a resolución contra a cal se recorreu, agás na cantidade que se debe aboar a Rogelio Alfredo Machado Veiga, que é a de 5.619,08 euros e non a que, por erro de transcrición, consta na resolución da sentenza, de 5.519,08 euros.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza e fágaselles saber que contra ela só cabe recurso de casación para a unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 218 e seguintes da Lei de xurisdición social. Se a recorrente non está exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, e lévese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

Advírtese a parte en ignorado paradoiro de que, no sucesivo, se lle efectuarán as notificacións en estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co previsto no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que así conste, para os efectos da súa publicación no Boletín Oficial da provincia, co fin de que sirva de notificación en forma a Edificaciones Freixeso, S.L., con último domicilio coñecido na rúa Fernández Olmedo, nº 52, Pontevedra, expido e asino este edicto.

A Coruña, 23 de outubro de 2012

O secretario xudicial