Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Xoves, 15 de novembro de 2012 Páx. 42953

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (437/2010).

María Mercedes Santos García, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 437/2010 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Manuel Sánchez Souto, José Manuel Ramos Parada contra a empresa Livin Telecomunicaciones, S.L., sobre ordinario, foi ditada a resolución cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Resolvo que, estimando a demanda formulada por José Manuel Sánchez Souto e José Manuel Ramos Parada, representado polo seu letrado Sr. Pérez Mouzo e contra a empresa Livin Telecomunicaciones, S.L., non comparecida no acto do xuízo, e o Fogasa, que tampouco comparece, debo condenar e condeno a demandada a aboar ao Sr. Sánchez Souto a cantidade de 2.137,07 euros, e ao Sr. Ramos Parada a cantidade de 2.822,60 euros, no senso exposto no fundamento primeiro, incrementada cos xuros de demora pertinentes.

Así mesmo, debo absolver e absolvo o Fogasa, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 ET.

Notifíquese esta sentenza ás partes e advírtaselles que contra ela poderán interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia ou mediante escrito neste xulgado dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento. Advírtase igualmente ao recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente-causa dun deles, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros (artigo 229 Lei 36/2011, do 11 de outubro, reguladora da xurisdición social) na conta aberta na entidade Banesto a nome deste xulgado.

Así o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia; Montserrat Matos Salgado, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 reforzo da Coruña».

E para que sirva de notificación en legal forma a Livin Telecomunicaciones, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 23 de xullo de 2012

A secretaria xudicial