Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Xoves, 15 de novembro de 2012 Páx. 42955

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (418/2010).

María Mercedes Santos García, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no proceso seguido por instancia de Francisco M. Gastón Morrone contra Torres Arte de Interiorismo, S.L., en reclamación por ordinario, rexistrado co número 418/2010, se ditou a seguinte resolución:

«Resolvo que estimando integramente a demanda formulada por Francisco M. Gastón Morrone, representado polo letrado Sr. Nogueira Esmorís, contra a empresa Torres Arte de Interiorismo, S.L., que non comparece malia estar citada en legal forma, e o Fogasa, que non comparece, debo condenar e condeno a demandada a lle aboar ao demandante a suma de 5.083,71 euros, incrementada cos xuros moratorios pertinentes.

Así mesmo, debo absolver e absolvo o Fogasa, sen prexuízo da responsabilidade que poida ter respecto a tales cantidades, segundo o establecido no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que contra ela cabe interpor recurso de suplicación para ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar por comparecencia, ou mediante escrito ante este xulgado no prazo de cinco días contado a partir da notificación desta sentenza, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivo.

Advírtase igualmente o recorrente que non for traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente causa seus, ou que non teña recoñecido o beneficio da xustiza gratuíta, de que deberá depositar a cantidade de 300 euros (artigo 229 da Lei 36/2011, do 11 de outubro, reguladora da xurisdición social) na conta aberta na entidade Banesto a nome deste xulgado.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo. Montserrat Matos Salgado, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 de reforzo da Coruña».

E para que lle sirva de notificación á empresa Torres Arte de Interiorismo, S.L., expido esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 9 de agosto de 2012

A secretaria xudicial