Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Xoves, 15 de novembro de 2012 Páx. 42972

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 24 de outubro de 2012, da Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, pola que se lle dá publicidade á parte dispositiva da sentenza número 616/2012, do 14 de xuño de 2012, da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Para xeral coñecemento, de conformidade co disposto nos artigos 72 e 104 e seguintes da Lei 29/1998, de 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, faise público que a Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, con data do 14 de xuño de 2012 pronunciou a sentenza número 616/2012, ditada no procedemento ordinario nº 4482/2008, interposto por Bernardo Diz Méndez, sentenza que na súa parte dispositiva literalmente di:

«Estimamos en parte o recurso contencioso-administrativo interposto por Bernardo Diz Méndez contra a Orde do 16.5.2008 da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, pola cal se den aprobación definitiva ao Plan xeral de ordenación municipal de Vigo, do cal anulamos: 1) A clasificación como solo urbanizable do predio do demandante (nº 29 da rúa das Chozas), declarando que procede que sexa clasificada como solo urbano consolidado, coa ordenación que corresponda; e 2) A ordenación do sector S-03-R. No demais desestimamos o recurso. Non se fai imposición de custas.

Esta sentenza é susceptible do recurso ordinario de casación do artigo 86 de la LRCA de 1998, que se deberá preparar por escrito que se presentará nesta sala no plazo de dez días.

Unha vez firme esta sentenza, devólvase o expediente administrativo no centro da súa procedencia, xunto con certificación e comunicación.

Así o pronunciamos, mandamos e asinamos».

A citada sentenza foi declarada firme.

Santiago de Compostela, 24 de outubro de 2012

María Encarnación Rivas Díaz
Secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo