Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Xoves, 15 de novembro de 2012 Páx. 42973

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 24 de outubro de 2012, da Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, pola que se dá publicidade á parte dispositiva da sentenza número 656/2012, do 21 de xuño de 2012, da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Para xeral coñecemento, de conformidade co disposto nos artigos 72 e 104 e seguintes da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, faise público que a Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, con data do 21 de xuño de 2012, pronunciou a sentenza número 656/2012, ditada no procedemento ordinario nº 4471/2008, interposto por Bienvenido Méndez González, sentenza que na súa parte dispositiva literalmente di:

«Estimar en parte o recurso contencioso-administrativo interposto polo representante procesual de Bienvenido Méndez González contra a Orde da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes do 16.5.2008, sobre aprobación definitiva do Plan xeral de ordenación urbana do concello de Vigo, do cal anulamos, por un lado, a clasificación do seu predio, situado no número 27 da rúa das Chozas, como urbanizable, para declarar que debe ser urbana consolidada, coa ordenación que corresponda; e, por outro, a ordenación do sector S-03-R (O Troncal). Non facemos condena en custas.

Esta sentenza é susceptible de ser impugnada mediante o recurso ordinario de casación regulado no artigo 86 da LRXCA, que se deberá de preparar mediante escrito que se presentará ante esta sala no prazo de dez días.

Unha vez firme esta sentenza, devólvase o expediente administrativo ao centro da súa procedencia, xunto coa certificación e comunicación.

Así o pronunciamos, mandamos e asinamos».

A citada sentenza foi declarada firme.

Santiago de Compostela, 24 de outubro de 2012

María Encarnación Rivas Díaz
Secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo