Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Xoves, 15 de novembro de 2012 Páx. 42971

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 19 de outubro de 2012, do Servizo de Mobilidade da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete á información pública un expediente de modificación de concesión de servizo público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada.

Ao abeiro do establecido na Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres, e no seu regulamento de execución, aprobado polo Real decreto 1211/1990, do 28 de setembro, iniciouse expediente de modificación da seguinte concesión:

V-7041; XG-415, Ferrol-Cedeira, con anexos, da titularidade de Rías Altas, S.A.

As persoas interesadas ou afectadas nos expedientes poderán comparecer no procedemento e, tras o exame da documentación pertinente no Servizo de Mobilidade da Xefatura Territorial da Coruña (rúa Alcalde Pérez Arda, 4), efectuar as alegacións que consideren oportunas no prazo de quince días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 19 de outubro de 2012

César Concheiro Ceide
Xefe do Servizo de Mobilidade da Xefatura Territorial da Coruña