Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Mércores, 14 de novembro de 2012 Páx. 42821

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial da Coruña

ANUNCIO polo que se fai pública a aceptación da ampliación das delegacións de competencias tributarias do Concello de Pontedeume en materia de xestión, inspección e recadación do IIVTNU.

O Pleno desta Corporación, na sesión ordinaria do 29 de xuño de 2012, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

«35. Aceptar a ampliación das delegacións de competencias tributarias do Concello de Pontedeume en materia de xestión, inspección e recadación do IIVTNU.

Aceptar a ampliación das competencias delegadas en materia tributaria acordada polo Concello de Pontedeume en relación coa seguinte materia:

• Xestión, inspección e recadación voluntaria e executiva do imposto sobre o incremento do valor dos terreos de natureza urbana.

O exercicio das competencias delegadas obxecto de aceptación levarase a cabo nos termos establecidos nas bases para a prestación dos servizos tributarios aos concellos da provincia e terá efectos desde o día en que se publique este acordo no Boletín Oficial da provincia conforme co establecido no artigo 7 do texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo».

O que se fai público para xeral coñecemento.

A Coruña, 16 de agosto de 2012

María Dolores Faraldo Botana Mª Amparo C. Taboada Gil

Presidenta en funcións/PDFR 10.8.2012 Secretaria accidental