Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Mércores, 14 de novembro de 2012 Páx. 42822

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Ourense

ANUNCIO de oferta ordinaria de emprego público 2011.

No BOP de Ourense do 31 de maio de 2012 publicáronse íntegras as bases para cubrir as prazas da oferta ordinaria de emprego público do ano 2011.

As prazas que se convocan son as seguintes:

I. Oferta ordinaria de emprego público 2011.

A) Cadro de persoal:

A.1) Inclúese a seguinte praza de funcionario de acceso libre:

– Unha (1) praza de técnico superior en administración financeira e tributaria, subgrupo A1, escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnico superior. Oposición libre. Título universitario de grao ou posgrao, licenciado en Económicas, Administración e Dirección de Empresas, Empresariais, Socioloxía, Dereito e Ciencias Políticas e da Administración ou equivalente. Certificado de perfeccionamento en lingua galega ou Celga 4.

A.2) Inclúense as seguintes prazas funcionariais de acceso por promoción interna vertical:

– Unha (1) praza de técnico auxiliar en ambiente, subgrupo C1, escala de Administración especial, subescala de servizos especiais, clase de funcións especiais. Concurso-oposición por promoción interna vertical. Título de bacharel, técnico ou equivalente. Certificado de perfeccionamento en lingua galega ou Celga 4.

– Unha (1) praza de administrativo de Administración xeral, subgrupo C1, escala de Administración xeral, subescala administrativa. Concurso-oposición por promoción interna vertical. Título de bacharelato, técnico ou equivalente ou unha antigüidade de dez anos nun corpo ou escala do grupo C2 de procedencia, ou de cinco anos se contan con cursos de formación específica sobre xestións, técnicas e organización do traballo administrativo ou réxime administrativo impartidos por esta deputación. Certificado de perfeccionamento en lingua galega ou Celga 4.

A.3) Inclúese a seguinte praza convocada para atender os procesos de funcionarización previstos no Plan de emprego 2011 e na relación de postos de traballo, por promoción interna horizontal, para persoal laboral fixo do mesmo grupo de titulación:

– Unha (1) praza de chófer de presidencia, subgrupo C2, escala de Administración especial, subescala de servizos especiais, clase persoal de oficios. Concurso-oposición por promoción interna horizontal. Título de graduado en educación secundaria obrigatoria ou equivalente, e permiso de circulación clase C e E. Certificado de iniciación á lingua galega ou Celga 3.

B) Cadro laboral:

Inclúense as seguintes prazas de persoal laboral fixo:

– Unha (1) praza de condutor de maquinaria de obras públicas e vehículos especiais, asimilada ao subgrupo C2. Concurso-oposición por promoción interna vertical. Título de graduado en educación secundaria obrigatoria ou equivalente, e permiso de circulación clase C e E. Certificado de iniciación á lingua galega ou Celga 3.

– Dúas (2) prazas de auxiliar de servizos, asimiladas ao subgrupo C2. Concurso-oposición por promoción interna vertical. Título de graduado en educación secundaria obrigatoria ou equivalente. Certificado de iniciación á lingua galega ou Celga 3.

– Dúas (2) prazas de albanel, asimiladas ao subgrupo C2. Concurso-oposición por promoción interna vertical. Título de graduado en educación secundaria obrigatoria ou equivalente. Certificado de iniciación á lingua galega ou Celga 3.

– Dúas (2) prazas de tractorista, asimiladas ao subgrupo C2. Concurso-oposición por promoción interna vertical. Título de graduado en educación secundaria obrigatoria ou equivalente. Certificado de iniciación á lingua galega ou Celga 3.

– Unha (1) praza de capataz de explotacións agropecuarias, asimilada ao subgrupo C2. Concurso-oposición por promoción interna vertical. Título de graduado en educación secundaria obrigatoria ou equivalente.Certificado de iniciación á lingua galega ou Celga 3.

– Unha (1) praza de oficial de obras e servizos, asimilada ao subgrupo C1. Concurso-oposición por promoción interna vertical. Título de bacharel, técnico ou equivalente, ou unha antigüidade de dez anos na categoría profesional do subgrupo C2, ou cinco anos se contan con cursos de formación específica relacionados coa actividade que se vai desempeñar impartidos por esta deputación. Certificado de perfeccionamento en lingua galega ou Celga 4.

– Unha (1) praza de chófer especialista para a Unidade de Xestión de RSU de San Cibrao das Viñas, asimilada ao subgrupo C2. Concurso-oposición por promoción interna vertical. Título de graduado en educación secundaria obrigatoria ou equivalente e permiso de circulación clase C e E. Certificado de iniciación á lingua galega ou Celga 3.

As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación durante o prazo dos 20 días naturais seguintes ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado para as prazas de funcionarios de carreira, e desde a publicación do anuncio da convocatoria no Diario Oficial de Galicia para as prazas de persoal laboral fixo de promoción interna, en modelo oficial que se facilitará nas oficinas da Deputación e na páxina web da Deputación Provincial. Así mesmo, poderán presentarse na forma que determina o artigo 38.4 da Lei 30/1992.

No mesmo prazo xustificarase o aboamento dos dereitos de exame polos seguintes importes, xuntanto á solicitude o correspondente xustificante: para as prazas do grupo A1 ou asimiladas: 18,03 euros; grupo A2 ou asimiladas: 13,52 euros; grupo B ou asimiladas: 7,51 euros; grupo C1 ou asimiladas: 7,51 euros; grupo C2 ou asimiladas: 6,01 euros; agrupacións profesionais sen requisito de titulación ou asimiladas: 4,51 euros.

A Deputación facilitará copia das bases e modelo oficial de solicitudes nas oficinas do Rexistro Xeral, rúa Progreso, 32 (Ourense) e tamén desde a páxina web www.depourense.es. Os sucesivos anuncios relativos a esta convocatoria publicaranse exclusivamente no taboleiro provincial de edictos, en todo caso, na páxina web www.depourense.es e no BOP de Ourense cando proceda de conformidade coas bases das probas selectivas.

Publícase isto de conformidade co disposto no artigo 233.3 da Lei 5/1997, de Administración local de Galicia.

Ourense, 22 de outubro de 2012

José Manuel Baltar Blanco
Presidente da Deputación Provincial de Ourense