Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Mércores, 14 de novembro de 2012 Páx. 42820

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial da Coruña

ANUNCIO polo que se fai pública a aceptación da delegación de competencias en materia de instrución de expedientes sancionadores por infraccións das normas de tráfico, circulación de vehículos de motor e seguridade viaria, acordada polo Concello de Carballo.

A Deputación Provincial da Coruña, na sesión plenaria ordinaria do día 29 de abril de 2011 adoptou, entre outros, o acordo que se transcribe:

«47. Aceptar a delegación de competencias en materia de instrución de expedientes sancionadores por infraccións das normas de tráfico, circulación de vehículos de motor e seguridade viaria, acordada polo Concello de Carballo.

Aceptar a delegación de competencias en materia de sancións por infracción das normas sobre tráfico, circulación de vehículos de motor e seguridade viaria acordada polo Concello de Carballo.

O exercicio das competencias delegadas obxecto de aceptación levarase a cabo nos termos establecidos nas bases para a prestación de servizos en materia de sancións de tráfico e da taxa pola utilización privativa ou aproveitamentos especiais aos concellos que non teñan delegada a xestión tributaria e a recadación dos impostos municipais obrigatorios.

A executividade deste acordo de delegación queda condicionada á entrada en vigor das ditas bases aprobadas inicialmente en sesión plenaria do 25 de marzo de 2011, así como ao acordo de aprobación definitiva da Ordenanza fiscal número 5, reguladora da taxa pola prestación dos servizos tributarios e, ademais, á publicación no Boletín Oficial da provincia e da Comunidade Autónoma do acordo de aceptación da delegación pola Deputación Provincial da Coruña, conforme o establecido no artigo 7 do texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo».

O que se fai público para xeral coñecemento.

A Coruña, 7 de agosto de 2012

María Padín Fernández
O presidente/PDFR 5.8.2011/ María Amparo C. Taboada Gil
A vicepresidenta 2ª Secretaria accidental