Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Martes, 13 de novembro de 2012 Páx. 42647

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 23 de outubro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a trámite de información pública o expediente para a aprobación do Plan de aproveitamento da anguía na bacía do río Mero (zona da desembocadura).

De acordo co establecido no artigo 7 do Decreto 130/2011, do 9 de xuño, polo que se regula a pesca profesional da anguía en augas continentais competencia da Comunidade Autónoma de Galicia, o Servizo Provincial de Conservación da Natureza da Coruña, por petición da Cofradía de Pescadores da Coruña, iniciou o expediente para a aprobación do Plan de aproveitamento da anguía na bacía do río Mero (zona da desembocadura), coas seguintes características:

Artes de pesca.

Nasa tipo voitirón con rede de malla non inferior a 14 mm medidos en diagonal e mollada.

Zonas de pesca.

A zona comprendida entre 100 metros augas abaixo da antiga presa da Barcala ata a liña recta imaxinaria que une punta Fiaiteira co varadoiro de Oza.

Número de días previsto da actividade.

O período de actividade será do 1 de febreiro ata o 31 de outubro. O número máximo de días previsto é de 176.

Horario de pesca.

Desde as 12.00 horas do luns ata as 12.00 horas do sábado, cun máximo de 8 horas diarias de traballo.

Proposta do número de aparellos ou artes de pesca por persoa.

O número de nasas máximo que se pode empregar é de 10 por persoa.

Cotas de captura.

Un máximo de 15 kg/día.

Relación de membros da asociación participantes.

Jesús Manuel Rodríguez Cotos. Embarcación María 3ª CO-2-2564.

Sistema de rexistro de capturas.

Será mensual mediante parte que remitirá a Cofradía de Pescadores da Coruña.

Sistema de comercialización das capturas.

As capturas serán comercializadas na lonxa mediante sistema de poxa pública ou empresas debidamente acreditadas.

O que se fai público para xeral coñecemento, sinalándose o prazo de quince días contados a partir do día seguinte á publicación do presente anuncio para que as entidades e persoas que se consideren afectados poidan examinar o procedemento nas oficinas desta xefatura (Servizo Provincial de Conservación da Natureza), Edificio Administrativo Monelos, r/ Vicente Ferrer, nº 2-5º andar, A Coruña, e informarse sobre as características do Plan de aproveitamento da anguía na bacía do río Mero, e presentar durante o mesmo prazo as alegacións que puideren estimar convenientes ao respecto.

A Coruña, 23 de outubro de 2012

José Antonio Álvarez Vidal
Xefe territorial da Coruña