Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e de aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avenida de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.
Denominación: modificación 1 do proxecto de LMTS, CT travesía Zapateira, nº 2.
Situación: concello da Coruña.
Características técnicas: liña eléctrica de media tensión subterránea a CT Travesía Zapateira, nº 2, a 15 kV, cunha lonxitude de 0,382 km, coa orixe en empalmes proxectados na LMTS EPU-703A, tramo entre o CT San Francisco (expediente 10.309) e o CD Museo Luís Seoane (expediente 123/03), condutor tipo RHZ1-2OL-12/20 kV-3(1×240) Al, e final no CT Travesía Zapateira, nº 2 (proxectado).
Centro de transformación non prefabricado, cunha potencia de 250 kVA, e unha relación de transformación de 15.000/400-230 V.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:
Autorizar e aprobar o proxecto de execución da devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguranza establecidas nos regulamentos de aplicación.
Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.
A instalación executarase nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.
Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.
A Coruña, 11 de outubro de 2012
Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña