Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Martes, 13 de novembro de 2012 Páx. 42700

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

CÉDULA do 8 de outubro de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se lles notifica aos interesados a resolución de desistencia/arquivo da solicitude en relación co expediente de construción PO-92/040 e conta de facturación 19.

De conformidade cos artigos 58, 59 e 60 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de que se intentase en dúas ocasións a notificación persoal no último domicilio coñecido, notifícaselles ás persoas interesadas a resolución de desistencia/arquivo que se detalla no anexo.

Pontevedra, 8 de outubro de 2012

(Decreto 317/2009, do 4 de xuño)
José Luís Díez Yáñez
Xefe territorial de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANEXO

Expediente: PO-92/040, conta de facturación 19.

Nomes: Lino Torres Franco.

Mª Teresa Bea Míguez

Enderezo: rúa Bélxica, nº 17, 2º C, Pontevedra.

Asunto: resolución desistencia/arquivo.

Contido: resolvo declarar concluído o procedemento, de conformidade co disposto no artigo 91.2 da citada lei, procedendo, en consecuencia, ao arquivo da solicitude de cambio de réxime de compravenda a arrendamento da vivenda correspondente ao expediente PO-92/040 e conta de facturación 19.

Recurso: contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interpoñer recurso de alzada perante esta xefatura territorial ou ante o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, no prazo dun mes, de conformidade co previsto no artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, e modificacións introducidas pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sen prexuízo de que poida exercer calquera outro que considere oportuno.