Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Martes, 13 de novembro de 2012 Páx. 42699

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 17 de outubro de 2012 pola que se anuncia a licitación do procedemento aberto multicriterio, non suxeito a regulación harmonizada e con trámite ordinario, da obra de acceso ao polígono de Bertón, Convenio Axencia Galega de Infraestruturas-Concello de Ferrol 07-09-2012 (clave AC/12/113.03 (E/035/2012).

Advertidos erros na devandita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 200, do 19 de outubro de 2012, cómpre facer as seguintes correccións:

Na páxina 39765, ao título da resolución pola que se anuncia a licitación do procedemento engádese a seguinte liña a continuación das referencias das claves do expediente:

«Posible cofinanciamento da Unión Europea. Programa operativo Feder Galicia 2007-2013 (80 %). Eixe 4. Tema prioritario 23.3.»

Na páxina 39768, ao punto «9. Outras informacións», engádese un novo parágrafo coa seguinte redacción:

«Posible cofinanciamento da Unión Europea. Programa operativo Feder Galicia 2007-2013 (80 %). Eixe 4. Tema prioritario 23.3.»

Publicarase un novo prego de cláusulas administrativas particulares e cadro de características, no enderezo da internet do perfil do contratante:

www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=18109, para cumprir coas obrigas de información e publicidade comunitaria establecidas nos artigos 8 e 9 do Regulamento (CE) nº 1828/2006 da Comisión, do 8 de decembro e no artigo 1, puntos 1) e 2), do Regulamento (CE) nº 846/2009 da Comisión, do 1 de setembro».

O prazo de admisión das proposicións rematará o vixésimo sexto día natural, que non coincida en domingo ou festivo, seguinte ao da publicación desta corrección no Diario Oficial de Galicia.