Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Martes, 13 de novembro de 2012 Páx. 42701

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Cañiza

ANUNCIO de información pública sobre apertura e funcionamento de almacén industrial no polígono industrial da parroquia de Oroso.

En cumprimento do disposto no punto 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública o expediente que se tramita por instancia de Cordoplas, S.A. (CIF A14081392), para a concesión de licenza de apertura e funcionamento de almacén industrial que se situará no polígono industrial -parcela 6- sur, parroquia de Oroso deste termo municipal. Durante o prazo de vinte días, contados a partir do seguinte ao da última publicación deste edicto no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra e no Diario Oficial de Galicia, o expediente atópase á disposición do público nas oficinas municipais co fin de que quen se considere afectado pola actividade poida examinalo e deducir, de ser o caso, as alegacións ou observacións que considere oportuno.

A Cañiza, 16 de outubro de 2012

Miguel A. Domínguez Alfonso
Alcalde