Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Luns, 12 de novembro de 2012 Páx. 42338

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 do Porriño

EDICTO (672/2009).

José Antonio Pascual Calderón, secretario xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 do Porriño, mediante este edicto, anuncio:

No presente procedemento ordinario número 672/2009, seguido por instancia de Banque PSA Finance fronte a Galmaker, S.L., Mario Iglesias Barreiro e María de la Purificación Pérez González, ditouse sentenza cuxa decisión é do teor literal seguinte:

«Decido que debo aceptar e acepto a demanda interposta pola representación procesual de Banque PSA Finance contra Galmaker, S.L., Mario Iglesias Barreiro e Purificación Pérez González, e, en consecuencia, condeno a Galmaker, S.L., a Mario Iglesias Barreiro e a Purificación Pérez González, estes dous últimos como fiadores solidarios da anterior entidade, a pagarlle á demandante a cantidade de nove mil dous centos corenta e catro euros con trinta e nove céntimos (9.244,39), máis os xuros legais procedentes, de conformidade co disposto no fundamento xurídico terceiro da presente resolución.

Que debo impor e impoño as custas causadas a Galmaker, S.L., Mario Iglesias Barreiro e Purificación Pérez González.

Contra esta sentenza cabe interpor recurso de apelación no prazo de cinco días, o cal se preparará ante este xulgado e do cal coñecerá a Audiencia Provincial de Pontevedra, logo de acreditación de ter depositado a cantidade de 50 euros na conta de depósitos e consignacións deste mesmo xulgado. A falta de correcta consignación suporá a inadmisión a trámite do recurso. O seu rexeitamento ou inadmisión suporá a perda do depósito.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Estando os ditos demandados Galmaker, S.L., Mario Iglesias Barreiro e María de la Purificación Pérez González, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lles sirva de notificación en forma a estes.

O Porriño, 25 de xuño de 2012

O secretario xudicial