Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Luns, 12 de novembro de 2012 Páx. 42339

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (557/2010).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento cantidade 557/2010 deste xulgado, seguido por instancia de María Esther Felipe Pérez contra as empresas Arancha Garrapucho, S.L. e Banban Kids, S.L., se acordou notificar a Arancha Garrapucho, S.L. e Banban Kids, S.L. a resolución da seguinte sentenza:

«Decido que estimando a demanda formulada por María Esther Felipe Pérez fronte ás empresas Arancha Garrapucho, S.L. e Banban Kids, S.L., condénoas a lle aboar á demandante a cantidade de 2.000 euros, incrementada co xuro de mora do 10 %.

Así mesmo, absólvese o Fondo de Garantía Salarial, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que é firme.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán nas dependencias deste xulgado, agás as que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprzamentos.

E para que conste e sirva de notificación a Arancha Garrapucho, S.L. e Banban Kids, S.L., en ignorado paradoiro, expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 22 de outubro de 2012

A secretaria xudicial