Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Luns, 12 de novembro de 2012 Páx. 42340

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (137/2012).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 137/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Óscar Rama Castiñeiras contra a empresa Marmolería Seoane, S.L., José Pablo Fernández Lage e Fogasa, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

«1. Resolvo que estimando a demanda interposta por Óscar Rama Castiñeiras contra a empresa Marmolería Seoane, S.L., declaro improcedente o despedimento de que foi obxecto o 28 de decembro de 2011 e condénoa a que, no prazo de cinco días contado desde a notificación desta resolución, opte entre readmitir o demandante no seu posto de traballo ou indemnizalo pola extinción da relación laboral coa cantidade, salvo erro ou omisión, con catorce mil oitocentos cincuenta euros (14.850 €) con aboamento, en todo caso, dos salarios de tramitación deixados de percibir desde a data do despedimento ata a notificación desta resolución, en contía de corenta e catro euros (44 €) diarios. Deberá poñer en coñecemento do xulgado, no antedito prazo, se opta ou non pola readmisión.

2. Que desestimando a demanda interposta contra José Antonio Fernández García e José Pablo Fernández Lage, absólvoos de todas as pretensións deducidas na súa contra.

3. Así mesmo, absolvo o Fondo de Garantía Salarial, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese esta resolución ás parte, e fágaselles saber que non é firme e contra ela cabe formular recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución. De ser recorrente, a empresa demandada deberá acreditar, mediante a exhibición ante este xulgado, o xustificante acreditativo de que depositou a cantidade obxecto de condena na contado este xulgado, aberta en Banesto. A consignación en metálico poderase substituír polo aseguramento mediante aval bancario, na cal se fará constar a responsabilidade solidaria do avalista, e deberase acreditar tamén na indicada conta a consignación da suma de trescentos euros preceptiva para recorrer. Sen este cumprimento non se considerará anunciado o recurso.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación a Marmolería Seoane, S.L., en ignorado paradoiro, expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A coruña, 22 de outubro de 2012

A secretaria xudicial