Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Luns, 12 de novembro de 2012 Páx. 42336

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (2777/2012 MCR).

M. Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 2777/2012 MCR desta sección, seguido por instancia de De La Fuente García Abogados, S.L.P. contra a empresa Fogasa; De La Fuente García Asesores Tributarios y Financieros, S.L., Luis Antonio De La Fuente García, María Oruña Reinoso sobre resolución de contrato, ditouse a resolución cuxa parte dispositiva di así:

«Que desestimando o recurso de suplicación interposto por Luis de la Fuente García en nome propio e en representación da empresa De La Fuente García Abogados, S. L. P., contra a sentenza do 12 de marzo de 2012, ditada polo Xulgado do Social número catro dos de Vigo, en proceso promovido por María Oruña Reinoso, fronte ás empresas De La Fuente García Abogados, S.L. y De La Fuente García Asesores Tributarios Y Financieros, S.L., y Luis A. De La Fuente García, debemos confirmar e confirmamos a sentenza impugnada.

De acordo co disposto nos artigos 203 e 204 da Lei da xurisdición social, debe darse o destino legal aos depósitos e consignacións para recorrer efectuados polos recorrentes. Os recorrentes, conforme o artigo 235.1 da Lei da xurisdición social, deben aboar os honorarios do letrado da demandante-impugnante do seu recurso por importe de seiscentos euros (600 €).

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas deste Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para a unificación de doutrina que debe prepararse mediante escrito presentado ante esta sala do social dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación desta sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social deberá consignar a cantidade de 600 euros en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións desta sala-Sección aberta en Banesto co número 1552. Debe indicar, no campo concepto, recurso seguida do código 35 Social Casación. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo, o código 35 social casación. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, incluso se obedecen a outros recursos da mesma ou de distinta clase indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E, para que conste e sirva de notificación a De La Fuente Garcia Asesores Tributarios y Financieros, S.L., expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 16 de outubro de 2012

A secretaria xudicial