Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Luns, 12 de novembro de 2012 Páx. 42368

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 4 de outubro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello da Laracha (expediente IN407A 249/2011).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e declaración de utilidade pública, en concreto, das instalacións que a continuación se detallan:

Solicitante: Hidroeléctrica de Laracha, S.L.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 19, 1º D, 15005 A Coruña.

Denominación: reforma do CT A Cheda e nova saída da liña I.

Situación: concello da Laracha.

Características técnicas:

Liña eléctrica de media tensión subterránea a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,048 km, coa orixe e final na actual liña IV (expediente 208/2006) entre os CT rúa Santiago e 3ª travesía Dr. López Astray, unha vez entre e saia do centro de transformación proxectado, en condutor RHZ1-OL (3×1×150 mm² Al).

Liña eléctrica de media tensión subterránea a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,582 km, coa orixe na actual cela de liña centro de repartición de CM Cillobre (expediente 316/2003) e final no paso aéreo-subterráneo para realizar no apoio nº 5 proxectado para intercalar na LMT Cillobre-Centulles-Xesta-Montemaior e Ferreixeiras (expediente 50.422), unha vez entre e saia do centro de transformación proxectado, en condutor RHZ1-OL (3×1×150 mm² Al).

Centro de transformación prefabricado, cunha potencia de 250 kVA relación de transformación de 15.000/400-230 V. 4L+1P. Procédese a desmantelar o actual centro de transformación A Cheda.

Rede de baixa tensión subterránea de 0,044 km coa orixe no novo CT Cheda, en condutor RV.

Rede de baixa tensión aérea de 0,126 km, desde o apoio número 1 proxectado ás actuais saídas de BT, en condutor RZ.

Resultan os seguintes feitos:

Primeiro. Con data do 8 de agosto de 2011, a empresa Hidroeléctrica de Laracha, S.L. solicita a autorización administrativa, a aprobación de proxecto de execución e a declaración de utilidade pública, en concreto, para a instalación eléctrica reforma do CT A Cheda e nova saída da liña I.

Segundo. O proxecto someteuse a información pública para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, mediante Resolución desta xefatura territorial do 25 de agosto de 2011. Esta resolución foi publicada no diario La Voz de Galicia do 13 de setembro de 2011, no BOP da Coruña do 12 de setembro e no DOG do 29 de setembro e no taboleiro de anuncios do concello da Laracha. Con esta resolución inseríase a relación de bens e dereitos afectados.

Así mesmo, efectuouse notificación individual aos interesados incluídos na referida relación de bens e dereitos afectados.

Terceiro. Enviáronselles separatas relativas ao proxecto aos diferentes organismos afectados e cumpríronse os tramites ordenados no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

Cuarto. Durante o trámite de información pública presentáronse as seguintes alegacións:

Ramón Rodríguez Varela e Mª Jesús, como herdeiros de Mercedes Varela Canedo propietaria do predio número 1, manifestan á súa oposición á instalación do centro de transformación no lugar proxectado, indicando que limita as posibilidades de urbanización e reduce considerablemente o valor do predio, propoñen outro lugar dentro do seu predio, desprazando uns metros, causando moitos menos prexuízos á súa propiedade.

Mª Jesús Rodríguez Varela presenta dous escritos asinados polos veciños da zona onde se pretende colocar o transformador A Cheda, e manifestan a súa desconformidade coa localización pretendida.

José A. e Francisco Felípez Esmorís, e Francisco Javier García de Seárez Cabeza, como afectados pola proximidade a instalación do centro de transformación, opóñense á realización da instalación na localización solicitada, dado que existe na mesma parcela, e a maior distancia das vivendas, unha mellor localización para el. Entenden que deben prevalecer os dereitos colectivos dos afectados sobre o económico da empresa, non comparable coas molestias e riscos dos ruídos, altos campos magnéticos, maior probabilidade de raios e risco de incendios nel. Ademais, non lles parece lóxica a localización posto que existe a unha distancia próxima unha parada de autobús escolar.

Quinto. Destas alegacións deuse traslado á empresa promotora, quen contestou en tempo e forma.

Fundamentos de dereito.

Primeiro. A Consellería de Economía e Industria é a competente para resolver este procedemento, con fundamento no Decreto 79/2009, do 19 de abril, polo que se establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia, e no Decreto 83/2009, do 21 de abril, polo que se fixa a estrutura orgánica dos departamentos da Xunta de Galicia, en relación co artigo 39 do Decreto 324/2009, do 11 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria, que atribúe á Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña a dirección, coordinación, planificación, execución, seguimento e control das competencias e cantas outras funcións lles sexan expresamente atribuídas ou delegadas en materia de industria, seguridade industrial, enerxía e minas, e polo Decreto 36/2001, do 25 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia.

Segundo. No expediente cumpríronse os trámites que sinala o artigo 53 da citada Lei 54/1997, e os regulamentos ordenados no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, que regula o procedemento de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

Terceiro. Á vista das alegacións presentadas, da contestación pola empresa promotora e do resto da documentación existente no expediente, cómpre sinalar:

Segundo o artigo 52 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, decláranse de utilidade pública as instalacións eléctricas de xeración, transporte e distribución de enerxía eléctrica para os efectos de expropiación forzosa dos bens e dereitos necesarios para o seu establecemento e da imposición e exercicio da servidume de paso.

Para determinar con exactitude a parte dos predios afectados, as titularidades destes, a cuantificación das afeccións ou os cultivos existentes, indícase que, conforme recolle o artigo 52 da Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa, no momento do levantamento da acta se farán constar todas as manifestacións e datos que acheguen uns e outros e que sexan útiles para determinar os dereitos afectados, os seus titulares, ou valor daqueles ou os determinantes da rápida ocupación. Así mesmo, cabe sinalar que o artigo 54 da Lei 54/1997 establece que, a declaración de utilidade pública levará implícita en todo caso a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisicións dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 de la Lei de expropiación forzosa.

En relación á localización proposta por Ramón Rodríguez Varela e Mª Jesús, como herdeiros de Mercedes Varela, indícase que conforme establece o artigo 162 do Real decreto 1955/2001, do 1 de decembro, unha vez establecida a servidume o dono poderá solicitar o cambio do trazado da liña, se non existen dificultades técnicas, correndo a súa custa os gastos da variación, incluíndose nos ditos gastos os prexuízos ocasionados.

Toda vez que se efectuou visita ao lugar e comprobados os planos parcelarios non se aprecian prohibicións na imposición das servidumes solicitadas, e xunto co anteriormente exposto, enténdese que procede desestimar a totalidade das alegacións formuladas.

De acordo co que antecede e no exercicio das competencias atribuídas, resolve:

Autorizar, aprobar o proxecto de execución e declarar de utilidade publica en concreto, das devanditas instalacións, nas cales as características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto, e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables, e en especial as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

As instalacións executaranse nun prazo non superior a un ano, contados a partir da data desta resolución.

A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación.

Contra a presente resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén poderá interpor calquera outro recurso que considere pertinente ao seu dereito.

A Coruña, 4 de outubro de 2012

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña