Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Luns, 12 de novembro de 2012 Páx. 42373

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 4 de outubro de 2012, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica subestación 17,65 mVA 132/20 kV, no concello de San Cibrao das Viñas (expediente IN407A 2012/38-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: CIE Galfor, S.A.

Domicilio social: polígono industrial San Cibrao das Viñas, Rúa 2, s/n, 32901 San Cibrao das Viñas.

Denominación: subestación 17,65 mVA, 132/20 kV.

Situación: San Cibrao das Viñas.

Características técnicas:

– Subestación eléctrica composta por:

– Posición de liña e de transformador 132/20 kV 1×17,65 mVA.

– Unha posición de celas de distribución de 20 kV, cun transformador de servizos auxiliares, de 50 kVA RT 20.000/420 V.

– 2 liñas de 20 kV con condutor RHZ1-12/20 kV 3×(1×400) mm2 Al desde o local de distribución ata o local CT0 actual, situado na factoría.

– Embarrado con condutor LA-455.

– Equipamentos de protección e control en interior do edificio.

Orzamento: 606.019,00 euros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Curros Enríquez, 1-4º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Ourense, 4 de outubro de 2012

Gabriel Diéguez Domínguez
Xefe territorial de Ourense