Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Luns, 12 de novembro de 2012 Páx. 42375

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 11 de outubro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se autoriza administrativamente e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Ferrol (expediente IN407A 87/2012).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e de aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171. 15007 A Coruña.

Denominación: LMTS cambio de sección SMR-732 e SMR-733 (2ª fase).

Situación: concello de Ferrol.

Características técnicas:

Liña de media tensión subterránea CT Mosteiro de Monfero-CT praza Río do Tronco, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,112 km, coa orixe en cela existente en CT Mosteiro de Monfero (expediente: 27.164), condutor tipo RHZ1, e final en empalmes proxectados na LMTS SMR-732 tramo a CT praza Río do Tronco (expediente: 59/10).

Liña de media tensión subterránea CT praza Río do Tronco-CT Sartaña, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 1,083 km, con orixe en empalmes proxectados na LMTS SMR-732 tramo a CT praza Río do Tronco (expediente: 59/10), condutor tipo RHZ1, e final en cela de liña existente en CT Sartaña (expediente: 30.262).

Liña de media tensión subterránea CT Sartaña-CS Auditorio, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,075 km, coa orixe en cela de liña existente en CT Sartaña (expediente: 30.262), condutor tipo RHZ1, e final en empalmes proxectados na LMTS SMR-732 tramo a CS Auditorio (expediente: 26/11).

Liña de media tensión subterránea subestación Santa Mariña-CT Sánchez Calviño, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,895 km, con orixe en empalmes proxectados na LMTS SMR-733 tramo de subestación Santa Mariña (expediente: 18.352) a CT Sánchez Calviño (expediente: 29.000), condutor tipo RHZ1, e final en cela de liña existente en CT Sánchez Calviño (expediente: 29.000).

Liña de media tensión subterránea CT Sánchez Calviño-CT República Arxentina, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,306 km, con orixe en cela de liña existente en CT Sánchez Calviño (expediente: 29.000), condutor tipo RHZ1, e final en empalmes proxectados na LMTS SMR-733 tramo a CT República Arxentina (expediente: 26/01).

Liña de media tensión subterránea CT República Arxentina-CT Caranza nº 1, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,101 km, coa orixe en empalmes proxectados na LMTS SMR-733 tramo a CT República Arxentina (expediente: 26/01), condutor tipo RHZ1, e final en empalmes proxectados na LMTS SMR-733 a CT Caranza nº 1 (expediente: 27.156).

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

A instalación executarase nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 11 de outubro de 2012

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña